![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/Gal%25C3%25A1pagos_Islands_ESA23188644.tiff/lossy-page1-640px-Gal%25C3%25A1pagos_Islands_ESA23188644.tiff.jpg&w=640&q=50)
Illas Galápagos
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Galápagos (chamadas tamén Arquipélago de Colón) constitúen un arquipélago localizado a 965 quilómetros da costa do Ecuador. Politicamente son unha provincia deste país, cuxa capital é Puerto Baquerizo Moreno. Está conformado por trece grandes illas volcánicas, seis illas máis pequenas e 107 rochas e illotes, as cales se distribúen arredor da liña do ecuador terrestre. Turisticamente reciben o apelativo de Illas Encantadas.
Islas Galápagos (es) ![]() | |||||
Nomeado en referencia a | Tartaruga xigante das Galápagos ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Ecuador | ||||
Provincia | Galápagos ![]() | ||||
Capital | Puerto Baquerizo Moreno ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.000 (2010) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.880 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | ||||
Altitude | 1.707 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Wolf (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | galapagospark.org ![]() | ||||
![]() |
Illas Galápagos | |
---|---|
Lobo mariño na Illa de San Cristóbal. | |
![]() Mapa das illas Galápagos. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, IX, X |
Inscrición | 1978 (2ª sesión) |
Rexión da UNESCO | América Latina e o Caribe |
Identificador | 1 |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Galapagos-satellite-esislandnames.jpg/640px-Galapagos-satellite-esislandnames.jpg)
Estímase que a formación da primeira illa tivo lugar hai máis de cinco millóns de anos, como resultado da actividade tectónica. As illas máis recentes, chamadas Isabela e Fernandina, están aínda en proceso de formación, rexistrándose a erupción volcánica máis recente no 2005.
As illas Galápagos son famosas polas súas numerosas especies endémicas e polos estudos de Charles Darwin, que o levaron a establecer a súa teoría da evolución pola selección natural.