Illa de Taiwán
Illa do leste de Asia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Taiwán ou Formosa atópase fronte ás costas da provincia chinesa de Fujian, separada desta polo estreito de Taiwán. Ao norte atópase o mar da China Oriental e ao sur o mar da China Meridional, mentres que a costa oriental da illa está bañada polo océano Pacífico.
- Este artigo trata sobre a illa de Taiwán ou Formosa. Para o estado independente localizado na illa desde 1949, véxase o artigo República da China.
Datos rápidos Taiwán, Situación ...
Taiwán | |
---|---|
Ilha Formosa | |
Vista desde satélite da illa de Taiwán (NASA). | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Taiwán, reivindicada pola República Popular da China como parte integrante do seu territorio,[1] baixo o nome de provincia de Taiwán |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 23°46′00″N 121°00′00″L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 35.882´6258 km² |
Longura máxima | 394 km. |
Largura máxima | 144 km. |
Perímetro | 1.239´5756 |
Punto máis alto | 3.952 m Yu Shan |
Distancia a terra | 120 km de Fujian |
Demografía | |
Capital | Taipei |
Poboación | 23.269.633 hab. (setembro 2016).[2] |
Densidade | 648´49[2] hab./km² |
Xentilicio | Taiwanés |
Lingua propia | Lingua chinesa, Mandarín estándar |
Pechar
Desde 1945, a illa estivo baixo o réxime político da República da China, o estado que gobernaba toda a China ata o final da guerra civil entre o Kuomintang e o Partido Comunista da China, cando estes últimos fixéronse co poder no continente.
Desde entón, o antigo réxime chinés mantívose na illa de Taiwán, dando lugar a unha complexa situación xurídica e diplomática, aínda que na práctica é un Estado independente parcialmente recoñecido como República da China ou Taiwán.