From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Thurston está cuberta polo xeo, de 215 quilómetros de longo por 90 quilómetros de ancho e 15.700 km² de área, estando ao NO da Terra de Ellsworth, na Antártida.
Illa Thurston | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Antártida |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 72°06′S 99°00′O |
Xeografía | |
Superficie | 15.700 km² |
Longura máxima | 215 km. |
Largura máxima | 90 km. |
Punto máis alto | 750 m. Mount Howell |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
É a terceira illa máis grande da Antártida, logo da Illa Alexandre I e a illa Berkner. A illa está separada do continente polo estreito de Peacock, que está ocupado pola parte occidental da barreira de xeo Abbot.[1]
A illa foi descuberta do aire polo Contraalmirante Richard Evelyn Byrd o 27 de febreiro de 1940, quen a chamou en honra a W. Harri Thurston, fabricante téxtil de Nova York, deseñador dos protectores do vento chamados pano Byrd e patrocinador de expedicións Antárticas.
Ao principio foi cartografiada como un península, o trazo non foi recoñecido como unha illa ata 1960.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.