Illa Tahaa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tahaa (en tahitiano Taha´a) é unha das illas de Sotavento do arquipélago das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 5 km ao oeste de Raiatea.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Colectividade | Polinesia Francesa | ||||
Arquipélago | Illas de Sotavento | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.296 (2022) (60,18 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 88 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98733 e 98734 | ||||
Fuso horario | |||||
Tahaa, máis pequena que Raiatea, atópase rodeada pola mesma coroa de arrecifes, compartindo a mesma lagoa e unha vez puido ser unha soa illa. A superficie total é de 88 km², e a altitude máxima é de 590 m no monte Ohiri. A vila principal é Patio e a poboación era de 4.869 habitantes no censo do 2002.
A illa produce o 80% de toda a vainilla da Polinesia Francesa. Cultívase a variedade de vainilla tahitensis, creada nas illas grazas ao cruzamento da vainilla fragans e vainilla pompona, resultando unha variedade moi apreciada polo seu perfume e a riqueza do seu aceite. Debido á riqueza que proporcionou, dise que a vainilla é a perla negra de Tahaa. Hoxe en día a illa coñécese co sobrenome de «a illa vainilla». Tamén produce perlas dunha calidade excepcional.
Antigamente Tahaa chamábase Uporu, en recordo da illa Upolu nas Samoa. Debido á proximidade con Raiatea, foi fortemente dependente. Pero durante os séculos XVIII e XIX foi un lugar estratéxico no conflito de rivalidades entre Raiatea e Bora Bora.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.