A illa Scott é unha pequena illa deshabitada de orixe volcánica situada no océano Antártico. Está situada a uns 505 quilómetros do cabo Adare, a extremidade nordeste da Terra de Vitoria. Ten 565 metros de longo e 180 de largo, abranguendo unha área de 4 hectáreas. No oeste da illa, a uns 250 metros, atópase o Piar de Haggitt, unha columna de 60 m de altura. A illa contén dúas pequenas enseadas con praias, e o resto da illa é rochosa. Unha das rías está sobre a costa nordeste e a outra atópase na parte occidental da illa, fronte ao piar de Haggit.
(en) Scott Island | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Robert Falcon Scott | ||||
Descubridor ou inventor | William Colbeck (pt) | ||||
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Antártico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 0,18 () × 0,37 () km | ||||
Superficie | 0,04 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1902 | ||||
A illa foi descuberta o 25 de decembro de 1902 polo capitán e explorador Guillerme Colbeck do SY Morning, quen transportaba no seu navío ao capitán Robert Falcon Scott na expedición de Sir Clements Robert Markham. Colbeck pensou en bautizar á illa co nome de illa Markham, pero posteriormente Clements Markham decidiu mudar o nome na honra do capitán Scott. O piar de Haggit recibe esa denominación polo apelido materno de Guillerme Colbecj, Haggit.
En 2006, unha expedición de mapeado atopou as illas cando se dirixía ao mar de Ross.[1]
Conflitos territoriais
Malia atoparse en territorio do Tratado Antártico, a illa é reclamada por Nova Zelandia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.