Illa Rantau
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rantau (en indonesio: Pulau Rantau, ou ata Tebingtinggi Tebing Tinggi) é unha illa de Indonesia na costa leste de Sumatra, situada no estreito de Malaca.
Rantau | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Arquipélago de Riau |
Coordenadas | 0°54′00″N 102°44′00″L |
Xeografía | |
Superficie | 1.597 km² |
Longura máxima | 76 km. |
Largura máxima | 26 km. |
Demografía | |
Capital | Selat Panjang |
Poboación | 91.889 (2007) |
Densidade | 57´5 hab./km² |
Cunha superficie de 1.597´5 km²,[1] é a máis grande dunha serie de illas que se atopan na costa leste de Sumatra, que están separadas por só uns quilómetros de ancho das demais. Ao sur da illa esta Sumatra, ao nordés atópase Rangsang, Merbau no norte e ao noroeste Padang. Merbau esta a tan só 100 metros de Rantau e están separadas por unha canle de 14´3 quilómetros de lonxitude, polo que ás veces Merbau non aparece en moitos mapas como unha illa separada. Rantau ten de 76 km de longo, ata 26 km de largo e é cha por completo.
Ao leste atópanse directamente en fronte dúas illas pequenas Menggung e Topang, e no sueste Labu e Serap.
Administrativamente, a illa pertence aos órganos de administración de Rantau (kabupaten) Kepulauan Meranti da provincia de Riau e consta de dous subdistritos (Kecamatan) Tebing Tinggi e Tebing Tinggi Barat que en conxunto teñen 91.889 habitantes (2007). A vila máis grande e máis importante é Selat Panjang na costa norte da illa.