From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Howland é un atol deshabitado situado xusto ao norte do ecuador, no océano Pacífico, ao redor de 3.100 km ao suroeste de Honolulu.
(en) Howland Island | |||||
Tipo | Área insular dos Estados Unidos illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | George B. Worth (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Fénix | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América | ||||
Localización | Océano Pacífico | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 5 m | ||||
Dimensións | 0,8 () × 2,8 () km | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | valor descoñecido (3 m ) | ||||
Superficie | 2,6 km² | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1937 | ||||
Cronoloxía | |||||
1935-1942 | Programa de Colonización das Illas Americanas Ecuatoriais | ||||
31 de xaneiro de 1942 | Evacuación | ||||
8 de decembro de 1941 | ataque aéreo | ||||
Páxina web | fws.gov… | ||||
Está a metade de camiño entre Hawai e Australia e é un territorio non incorporado e non organizado dos Estados Unidos.
A illa é agora unha reserva nacional de vida salvaxe, a "Howland Island National Wildlife Refuge", xestionada polo "U.S. Fish and Wildlife Service" como unha área insular baixo o Departamento do Interior dos Estados Unidos. O "Howland Island National Wildlife Refuge" consiste nos 1,84 km² da illa e os 129,80 km² de terra mergullada que a rodean.
A illa non ten actividade económica. O seu defensa é responsabilidade dos EEUU e é visitada anualmente pola Garda Costeira dos EEUU.
Algúns escasos restos de camiños e outros artefactos indican unha presenza polinésica anterior, pero a illa estaba deshabitada cando os Estados Unidos reclamárona no Acta de Illas Guaneras de 1856. Os seus depósitos de guano foron explotados por compañías dos Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX.
En 1935 comezou un curto intento de colonización cunha poboación rotativa de catro mozos de Hawai no asentamento Itascatown. Empezáronse proxectos similares nas próximas Illa Baker e Illa Jarvis, pero estes foron interrompidos pola segunda guerra mundial e as illas abandonadas.
A Illa de Howland debía ser unha parada de reposición para a piloto americana Amelia Earhart e o seu tripulante Fred Noonan no seu voo ao redor do mundo de 1937. Engalaron na illa de Lae, Nova Guinea, pero nunca foron vistos de novo. Por este motivo a illa tamén é coñecida como "a illa que Amelia Earheart nunca alcanzou".
O persoal civil dos Estados Unidos evacuou a illa no ano 1942 logo dos ataques aéreos e navais dos xaponeses na segunda guerra mundial. Foi ocupada por persoal militar dos Estados Unidos, pero estes abandonaron a illa logo da guerra. A entrada ao público realízase mediante un permiso especial de "U.S. Fish and Wildlife Service" e xeralmente está limitado a científicos e educadores.
Situado no norte do océano Pacífico (0 48 N, 176 38 O), a illa é moi pequena (1,6 km²). O litoral ten 6,4 km de longo. A illa ten forma alargada nun eixo norte-sur. O clima é ecuatorial, con poucas precipitacións, vento constante e ardente sol. O terreo é baixo e areoso: unha illa coralina rodeada por un estreito de arrecife cunha superficie deprimida no centro. O punto máis alto está a 3 metros sobre o nivel do mar. A illa carece de auga potable. O único recurso natural é o guano.
A illa carece de portos xa que os arrecifes poden ser perigosos. Hai un desembarcadeiro na costa occidental. Hai tamén un pista de aterraxe, pero xa non se utiliza. A pista de aterraxe construíuse no ano 1937 pero sufriu continuos danos durante a segunda guerra mundial e quedou en desuso.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Illa Howland |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.