![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/USA_Alaska_location_map.svg/langgl-640px-USA_Alaska_location_map.svg.png&w=640&q=50)
Illa Dall
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa Dall é unha illa no Arquipélago de Alexander fronte á costa sueste de Alasca, xusto ao oeste de Illa do Príncipe de Gales e ao norte de augas canadenses. A súa elevación máxima é de 745 m. sobre o nivel do mar. A súa superficie terrestre é de 657´91 km², polo que é a 28ª illa máis grande dos Estados Unidos. Dall úsase economicamente para a pesca e a extracción de pedra calcárea.
Illa Dall | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Estado | ![]() |
Arquipélago | Arquipélago Alexander |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 54°57′22″N 133°03′33″O |
Xeografía | |
Superficie | 657´91 km² |
Longura máxima | 73 km. |
Largura máxima | 14´4 km. |
Punto máis alto | 744´6 Thunder Mountain |
Demografía | |
Poboación | 20 (2000) |
O censo do 2000 rexistraba 20 persoas vivindo na illa.[1] Sábese que os nativos de Alasca habitaron covas costeiras na illa fai dous ou tres mil anos.
A illa Dall primeiro chamouse Quadra, por Juan Francisco de la Bodega y Quadra, ata 1879, cando foi renomeada na honra do naturalista William H. Dall.[2] Tamén pensábase que a illa Dall era parte da Illa Príncipe de Gales tan recentemente como en 1903.[3]
Cabo Muzon, o punto máis ao sur da illa, é o termo occidental, coñecido como Punto A, da Liña A-B, que marca o límite mariño entre o estado de Alasca e a provincia canadense da Columbia Británica, segundo a posición do goberno canadense sobre a decisión do tribunal de arbitraxe conforme ao Tratado de Límites de Alasca de 1903. Esta liña é tamén o límite norte das augas coñecido como a Entrada Dixon.
Cabo Muzón estableceuse como o "punto de comezo" da fronteira internacional entre Rusia e a América do Norte británica na Convención anglo-rusa de 1825.[3] Os gráficos da U.S. Coast and Geodetic Survey producidos en 1884 e 1894-95 establecen a liña fronteiriza co Canadá desde Cabo Muzón a través de Dixon Entrance e Canle Portland.[3]
Na súa decisión sobre a delimitación do límite disputado do Panhandle de Alasca, o Tribunal de Arbitraxe de seis xuíces de 1903 acordou por unanimidade que Cabo Muzón era o punto inicial da fronteira.[4] e designou o Punto A como un punto final da Liña A-B .