![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Ilex_aquifolium.jpg/640px-Ilex_aquifolium.jpg&w=640&q=50)
Ilex
xénero de arbustos ao que pertence o acivro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ilex é un xénero cunhas 400 especies aceptadas, das máis de 1000 descritas, formado por árbores e arbustos comunmente coñecidos coma acivros. É un dos tres xéneros da familia, os outros dous son Nemopanthus (con 3 especies) e Prinos (monoespecífico), malia a APG[1] admite un só xénero: Ilex. A maior diversidade de especies dáse nas rexións achegadas aos trópicos, onde tamén se atopan as maiores densidades de acevedos. En Galiza atopamos unha soa especie deste xénero: o acivro común ou xardón.
Máis información xénero Ilex, Clasificación científica ...
xénero Ilex | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() O acivro (Ilex aquifolium) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase no texto |
Pechar
Ten grande importancia no xénero a especie Ilex paraguariensis, coñecida coma herba mate, de cuxas follas faise unha coñecida infusión en América do Sur.