From Wikipedia, the free encyclopedia
Ildefonso de Toledo, tamén coñecido como santo Ildefonso, nado en Toledo en 607 e finado na mesma cidade en 667, foi arcebispo de Toledo dende o ano 657 ata a súa morte. É un dos padres da Igrexa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 607 Toledo |
Morte | 23 de xaneiro de 667 (59/60 anos) Toledo |
Arcebispo de Toledo | |
657 – | |
Abade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino visigodo de Toledo |
Relixión | Cristianismo niceno |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , escritor , teólogo , Arcebispo , bispo católico |
Profesores | Eugenius II of Toledo (pt) e Helladius of Toledo (en) |
Lingua | Latín medieval |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 23 de xaneiro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Naceu entre os anos 606 ou 607, durante o reinado de Witerico en Toledo. Era de orixe xermánica, das distintas familias rexias visigodas. Foi sobriño do bispo de Toledo santo Uxío III, quen comezou a súa educación.
Recibiu unha brillante formación literaria. De neno, ingresou no Mosteiro de Agali, nos arrabales de Toledo, contra a vontade dos seus pais.
Firma entre os abades nos Concilios VIII e IX de Toledo. Morto o bispo Uxío III é elixido bispo de Toledo o ano 657. Doi obrigado a ocupar a súa sede polo rei Recesvinto. Morre o 667, e foi sepultado na igrexa de Santa Locaia de Toledo, e posteriormente trasladado a Zamora.
A noite do 18 de decembro de 665 Ildefonso e os seus diáconos atopáronse coa Virxe María sentada na cadeira do bispo, rodeada por virxes. A Virxe díxolle que era o seu capelán e fiel notario. Deulle unha casula, que lle enviara o seu Fillo da súa tesouraría.
Dicindo isto, a Virxe mesma investiuno, e deulle instrucións de usala soamente nos días festivos designados na súa honra.
Un concilio de Toledo ordenou un día de festa especial para perpetuar a súa memoria. [1] O século VI foi importante para a orixe do culto mariano. Esta aparición foi de moita importancia para Toledo e a súa catedral. Nela, os peregrinos aínda veneran a pedra en que a Virxe puxo os seus pés.
Das apuntadas no Elogium consérvanse as seguintes:
A súa festa celébrase o 23 de xaneiro. É padroeiro das cidades de Toledo e Zamora. En Galicia é patrón da parroquia de San Cibrao das Viñas.
Edicións