Igrexa de Santiago, Tequixquiac
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A igrexa de Santiago Apóstol é un templo católico do concello de Tequixquiac, México. Esta igrexa encóntrase no centro da vila, xunto á praza Cuauhtemoc e á biblioteca municipal, preto da Avenida Juárez. Este edificio colonial é un monumento que perdurou ata o día de hoxe.[1] É unha igrexa dedicada a Santiago apóstolo, foi fundada pola orde franciscana no século XVI. Agora é unha parroquia da diocese de Cuautitlán.[2]
Parroquia de Santigo Apóstolo | |
---|---|
Datos xerais | |
País | México |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Santiago Apóstolo |
Localización | Tequixquiac, Rexión de Zumpango, México, México |
Coordenadas | 19°54′37″N 99°08′51″O |
Catalogación | Ben Cultural do estado de México |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Cuautitlán |
Arquitectura | |
Construción | Séculos XVI |
Estilo | Barroco (incorpora tamén elementos mudéxar e renacentistas) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A festa do santo patrón celébrase cada 25 de xullo, na honra de Santiago o Maior; tamén se festexa, en xaneiro ou febreiro, a festa do Señor da Capela, unha imaxe de Cristo moi venerada na rexión.
A igrexa de Santiago Apóstolo pasou a parroquia no ano de 1590, xa que antes foi unha vigairía. A construción do templo foi realizada en diferentes etapas, o atrio parroquial era un grande espazo cunha cruz atrial no centro labrada en pedra, con símbolos indíxenas e cristiáns. O templo estaba dedicado a Santiago Apóstolo, debido a que algunhas familias ibéricas se estableceron definitivamente na rexión coa entrega das encomendas por Hernán Cortés, xa que para os indíxenas a imaxe de Santiago apóstolo a cabalo, lembraba aos soldados españois durante o sometemento militar e relixioso dos rebeldes indíxenas da rexión.
A contradanza das Varas é unha danza que provén do norte de España e que foi levada á vila mexicana de Tequixquiac no ano 1652. Trátase dun baile tradicional que bailan só os homes o 25 de xullo en honor ao apóstolo Santiago,[3] e que os relixiosos ensinaron aos poboadores para evanxelizalos na fe cristiá en devoción a Deus.[4] Anos despois fíxose en honor ao Señor da Capela. O nome provén do uso de dúas varas de rosa gallica que teñen fitas de cores coas que se fan figuras ao compás dos pasos do baile.[4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.