político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ignacio García López, nado en Madrid o 5 de setembro de 1924 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 2017,[1] foi un político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de setembro de 1924 Madrid, España |
Morte | 20 de decembro de 2017 (93 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 | |
Q5938894 | |
7 de xullo de 1976 – 13 de abril de 1977 ← Adolfo Suárez – Supresión do cargo → | |
Procurador en Cortes | |
21 de xaneiro de 1976 – 30 de xuño de 1977 ← Antonio Chozas Bermúdez (pt) , Adolfo Suárez – José Luis Pérez Tahoces (en) → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Q43134780 | |
26 de decembro de 1975 – 16 de xullo de 1976 ← Antonio Chozas Bermúdez (pt) – Eduardo Navarro Álvarez (en) → | |
Gobernador civil de Biscaia | |
novembro de 1974 – novembro de 1975 ← Fulgenci Coll de San Simón (en) – Felipe Ugarte Lambert de Sainte Croix → | |
Gobernador civil de Oviedo | |
xaneiro de 1973 – novembro de 1974 ← Fernando Pérez de Sevilla y Ayala – Victorino Anguera Sansó (en) → | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
xaneiro de 1970 – xaneiro de 1973 ← Ramón Encinas | |
Procurador en Cortes | |
24 de xullo de 1968 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
15 de xullo de 1965 – 15 de novembro de 1967 ← José Miguel Ortí Bordás (en) Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, ministro |
Partido político | Unión de Centro Democrático |
Premios | |
Empregado de banca, e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, foi xefe central da Organización Juvenil Española, secretario xeral do SEU e secretario nacional de Juventudes. As súas responsabilidades nas mocidades franquistas permitíronlle acceder ao posto de gobernador civil de Pontevedra en 1970,[2][3] destino ao que seguiron os gobernos civís de Asturias (1973) e Biscaia, cargos que simultaneou co de procurador en Cortes.
En decembro de 1975, cando Adolfo Suárez era Secretario Xeral do Movemento, con rango de ministro, García López foi nomeado vicesecretario xeral. Sete meses máis tarde, o 7 de xullo de 1976 Suárez pasou a ocupar a Presidencia do Goberno de España e Ignacio García converteuse no último Secretario Xeral do Movemento. En abril de 1977 suprimiuse a Secretaría Xeral do Movemento e Ignacio García López continuou no executivo como ministro Secretario Xeral do Goberno, onde permaneceu ata as eleccións de xullo.
O 15 de xullo de 1977 o rei Xoán Carlos desígnao senador, e pasa a integrar o grupo de senadores da UCD. Despois de traballar algún tempo na UCD como coordinador do partido en Madrid abandonou a política. Foi un dos membros fundadores da Asociación para la Defensa de la Transición, unha organización de recuperación da memoria da Transición Española[4].
Predecesor: Adolfo Suárez |
Secretario Xeral do Movemento 1976-1977 |
Sucesor: Ministerio suprimido en abril de 1977 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.