Inmunoglobulina G
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Inmunoglobulina G (IgG) é un isotipo de anticorpo. Está composta por catro cadeas polipeptídicas, dous cadeas pesadas gamma (γ) idénticas entre si e dúas cadeas lixeiras idénticas entre si, dispostas formando unha molécula con forma de Y, como é característico nos monómeros dos anticorpos. Cada IgG ten dous sitios de unión aos antíxenos no extremo dos brazos do Y (rexión Fab). As IgG representan aproximadamente o 75% das inmunoglobulinas do soro sanguíneo humano, polo que son o isotipo de anticorpo máis abundante na circulación.[1] As IgG son producidas e segregadas polas células plasmáticas (linfocitos B activados).