filme de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski From Wikipedia, the free encyclopedia
Ida é un filme polaco de 2013 dirixido por Paweł Pawlikowski e escrito por Pawlikowski e Rebecca Lenkiewicz. Ambientado na Polonia de 1962, conta a historia dunha moza que está a piques de tomar os seus votos como unha monxa católica. Orfa dende nena por mor da ocupación alemá na segunda guerra mundial, antes de converterse en monxa debe coñecer á súa tía, o seu único parente vivo. Ela cóntalle que os seus pais eran xudeus. As dúas mulleres embárcanse nunha viaxe polas estradas do campo polaco para descubrir cal foi o final dos seus pais.
Ida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ida |
Director | Paweł Pawlikowski |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Kristian Eidnes Andersen |
Fotografía |
|
Montaxe | Jarosław Kamiński |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Toronto: 7 de setembro de 2013 |
Duración | 82 minutos[1] |
Orixe | Polonia Dinamarca Francia Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | €2 000 000[2] |
Recadación | $11 100 000[3] |
Na rede | |
https://www.musicboxfilms.com/film/ida/ | |
Considerada unha "obra mestra compacta" e un "filme de estrada estrañamente fermoso", "contén un cosmos de culpa, violencia e dor", aínda que os eventos históricos que motivan os eventos (ocupación alemá de Polonia, o holocausto e o stalinismo) non son directamente mencionados: "nada disto se afirma, pero todo está construído, por así decilo, na atmosfera: o país séntese morto, a poboación escasa".[4]
Ida gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa no 2015, converténdose no primeiro filme polaco en conseguilo.[5]
Anna é unha noviza que viviu toda a vida nun convento e está a piques de asumir os votos. Antes diso, debe de coñecer a súa tía, a súa única parente viva, unha xuíza de vida bohemia e pasado antifascista. Ela dálle a coñecer a súa orixe xudía e o seu verdadeiro nome: Ida. Ambas irán na procura dos restos dos pais de Ida, asasinados durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.