![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Ibn_Battuta_Mall_on_2_June_2007_Pict_3.jpg/640px-Ibn_Battuta_Mall_on_2_June_2007_Pict_3.jpg&w=640&q=50)
Ibn Battuta
viaxeiro e explorador da época da dinastía Meriní. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Abu Abdullah Muhammad bin Abdullah bin Muhammad al-Lawati al-Tanji (árabe: أبو عبد الله محمد بن عبد الله بن محمد بن إبراهيم اللواتي الطنجي), máis coñecido como Ibn Battuta (en árabe: ابن بطوطة), foi un viaxeiro, explorador e estudoso da época da dinastía merínida, nado en Tánxer o 24 de febreiro de 1304 (correspondente ao 17 de rayab do ano 703 da Héxira), e finado entre 1368 e 1369 en Marrakech. Este formaría parte da familia dos Banu Battuta (como Battuya)[1] O nacer nesta familia dedicada ás magistraturas, permitiralle ter unha base económica para a realización deste tipo de viaxes.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | Shams ad-Din Abu Abd Allah Muhammad ibn Muhammad ibn Ibrahim al-Luwati at-Tanyi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | أبو عبد الله محمد بن عبد الله اللواتي الطنجي بن بطوطة 24 de febreiro de 1304 ![]() ![]() |
Morte | c. 1368 ![]() Fez (Dinastía merínida) ![]() |
Lugar de sepultura | Tumba de Ibn Batuta (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía, xurisdición, exploración e fiqh ![]() |
Ocupación | explorador , cadí , comerciante , viaxeiro , cartógrafo , xeógrafo , escritor , alfaquí ![]() |
Lingua | Árabe, lingua persa e lingua turca ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | first wife of Ibn Battuta (1325–) |
![]() |
É o máis coñecido dos grandes viaxeiros árabes: a súa rihla ou periplo polo oriente durou vinte anos, que relatou con detalle nunha crónica ditada ao estudoso granadino Ibn Yuzayy, a instancias do sultán marínida (ou benimerín). Practicamente todo o que se sabe da súa vida procede deste relato, que aínda sendo fantasioso ou esaxerado nalgúns puntos, é o retrato máis fiel que existe da parte do mundo que o viaxeiro percorreu nesa época. Na súa viaxe andou unha distancia maior que a da do seu contemporáneo Marco Polo, cruzando o oeste, centro e norte de África, o sur e o leste de Europa, Oriente medio, a India, Asia central, o sueste asiático e a China.
Parella á transcendencia do personaxe, a Asociación Ibn Battuta, formada por historiadores e profesionais do sector turístico, xestiona o museo de Ibn Battuta en Tánxer, no barrio de Al-kasaba.
A importancia deste viaxeiro, a pesar de que tristemente se vexa subestimada, é de gran transcendencia por tratarse dunha persoa que puido viaxar por medio mundo recollendo testemuño, no seu Rihla, de diversos e espléndidos lugares, ao mesmo tempo que os describía e falábanos deles, podendo así usar os seus escritos como unha fonte para o estudo da Idade Media do mundo islámico.
Durante un período de trinta anos, de 1325 a 1354, Ibn Battuta visitou a maior parte de África do Norte, Oriente Próximo, África oriental, Asia Central, Asia Meridional, Asia Suroriental, China, a Península Ibérica e África Occidental. Case ao final da súa vida, ditou un relato das súas viaxes, titulado Un agasallo para quen contempla as marabillas das cidades e as marabillas de viaxar (en árabe تحفة النظار في غرائب الأمصار وعجائب الأسفار?, Tuḥfat an-Nuẓẓār fī Gharāʾib al-Amṣār wa ʿAjāʾib al-Asfār), pero coñecido comunmente como A Rihla.
Ibn Battuta viaxou máis que ningún outro explorador da historia premoderna, en total uns 117,000 km (72,700 mi), superando a Zheng He cuns 50,000 km (31,069 mi) e a Marco Polo con 24,000 km (14,913 mi).[2][3][4] Expuxéronse dúbidas sobre a historicidade dalgúns das viaxes de Ibn Battuta, sobre todo cando chegan máis ao leste.
En 1976 a Unión Astronómica Internacional nomeou un astroblema lunar, «Ibn Battuta» na súa honra.[5] O aeroporto de Tánxer, a súa cidade natal, tamén leva o seu nome.