Ibn Arabi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abū ʿAbd Allāh Muḥammad ibn ʿAlī ibn Muḥammad ibnʿArabī al-Ḥātimī aṭ-Ṭāʾī (en árabe: أبو عبد الله محمد بن علي بن محمد بن عربي الحاتمي الطائي), nado en Murcia o 28 de xullo de 1165 e finado en Damasco o 16 de novembro de 1240,[1] máis coñecido como Ibn Arabi, Abenarabi e Ben Arabi, foi un místico sufí, filósofo, poeta, viaxeiro e sabio andalusí. As súas importantes achegas en moitos dos campos das diferentes ciencias relixiosas islámicas valéronlle o sobrenombre de vivificador da relixión (en árabe: محيي الدين, Muhyi al-Din) e o máis grande dos mestres (en árabe: الشيخ الأكبر, as-Sheij al-Akbar).[2]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ar) محي الدين ابن عربي ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de xullo de 1165 ![]() Murcia ![]() |
Morte | 16 de novembro de 1240 ![]() Damasco (Abbásida) ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Al-Andalus Imperio almohade ![]() |
Relixión | Islam, Sunnismo e Sufismo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Sufismo ![]() |
Ocupación | filósofo , poeta , escritor ![]() |
Profesores | Mohammed ibn Qasim al-Tamimi (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Sadr al-Din al-Qunawi (en) ![]() ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Ibn 'Arabi, Sheikh Akbar ![]() |
Lingua | Árabe ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Das máis de oitocentas obras que se lle atribuíron, consérvanse cen manuscritos orixinais. As súas ensinanzas cosmolóxicas convertéronse na visión dominante en moitas partes do mundo islámico.[3]