Concello de Hylte
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hylte é un municipio sueco (kommun) do condado de Halland.[1] A súa capital é Hyltebruk. Hylte repártese entre os landskaps de Småland, onde se atopa a súa capital, e Halland. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 10 559 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Halland | ||||
Capital | Hyltebruk (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.259 (2024) (9,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.046,6 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Páxina web | hylte.se | ||||
O municipio, que é o único interior do condado de Halland, está sobre o límite entre os landskaps de Halland e Småland. A parte leste do concello atópase en Finnveden, unha das tradicionais "terras pequenas" de Småland. A través do municipio flúe o río Nissan.
O concello de Hylte limita ao oeste co de Falkenberg e ao sur co de Halmstad, no condado de Halland. Ao sur tamén limita co de Ljungby, no condado de Kronoberg, e ao norte co municipio de Gislaved, no condado de Jönköping.
A área do concello correspóndese coa das parroquias de Drängsered, Femsjö, Färgaryd, Jälluntofta, Kinnared, Långaryd, Södra Unnaryd e Torup, así como unha pequena parte de Lidhult.
Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Drängsered, Kinnared e Torup están no landskap de Halland que entón pertencía (ao igual que hoxe) ao condado de Halland, mentres que Femsjö, Färgaryd, Jälluntofta, Långaryd e Södra Unnaryd están no landskap de Småland e pertencía entón (a diferenza de hoxe) ao condado de Jönköping.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na zona tres grandes concellos: Hylte (pola fusión dos cncellos de Femsjö, Färgaryd e Långaryd) e Unnaryd (de Bolmsö, Jälluntofta e Södra Unnaryd) en Småland, e Torup (pola fusión de Drängsered, Kinnared e Torup) en Halland.
O concello de Hylte naceu coa reforma municipal de 1971 a través da reorganización co concello rural de Hylte. Ao mesmo tempo a meirande parte da parroquia de Bolmsö (a área ao redor de Bolmsö), entón no concello de Unnaryd, transferíuse ao municipo de Ljungby no condado de Kronoberg, e unha parte máis pequena da parroquia (ao norte de Bolmen) pasou a formar parte do municipio de Värnamo.[3]
En 1974 naceu o actual concello de Hylte a través da fusión de Hylte co concello de Torup e a meirande parte do concello de Unnaryd (as parroquias de Jälluntofta e Södra Unnaryd) e un pequena de Ljungby (un anaco da parroquia de Lidhult). Un concello non pode pertencer a máis dun condado, polo que se decidiu que Hylte pertencería a Halland.[4]
Dende a súa fundación ata o ano 1974 o concello formou parte do partido xudicial de Värnamo e a partir de entón ao de Halmstad.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.