Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hydra é un xénero de cnidarios da clase dos hidrozoos, orde dos antoatecados, suborde dos aplanulados, que é o tipo da familia dos hídridos,[1] da que é o seu único representante.
As súas especies, propias das augas doces e salgadas e coñecidas vulgaemente como hidras,[2] son pequenos pólipos que miden tan só uns poucos milímetros, son depredadores, capturando pequenas presas do plancto cos seus tentáculos provistas de cnidocito, células urticantes. Son hermafroditas e reprodúcense tanto asexual como sexualmente.
Teñen un asombroso poder de rexeneración, ao que alude o seu nome, que provén da criatura da mitoloxía grega co mesmo nome, á cal, cando se lle cortaba unha das súas cabezas, crecían dúas no seu lugar.
A familia foi descrita en 1846 polo botánico, xeólogo e zoólogo estadounidense James Dwight Dana.
O xénero fora descrito por Linneo en 1758, na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes especies:[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.