Hungría nos Xogos Olímpicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hungría participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos na edición inaugural de 1896 e dende entón enviou atletas para competir en case cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán e de Inverno. A nación non foi convidada a participar nos Xogos de 1920 despois da primeira guerra mundial, e tampouco participou na edición de 1984 como parte do boicot liderado pola Unión Soviética.
Hungría nos Xogos Olímpicos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Código COI | HUN | ||||
Comité nacional | Comité Olímpico Húngaro www | ||||
Medalleiro |
|
Os atletas húngaros gañaron un total de 511 medallas nos Xogos de Verán e 7 medallas nos Xogos de Inverno, sendo a esgrima o deporte que máis medallas lles reportou. Hungría gañou máis medallas olímpicas ca ningunha outra nación que nunca acollese a sede dos Xogos, e ten o segundo índice máis alto de medallas per capita do mundo, só detrás de Finlandia.[1]
O Comité Olímpico Nacional de Hungría é o Comité Olímpico Húngaro, que foi creado e recoñecido oficialmente en 1895.