Givanildo Vieira de Souza, máis coñecido como Hulk, nado en Campina Grande, Paraíba, o 25 de xullo de 1986, é un futbolista internacional brasileiro que xoga como dianteiro, aínda que comezou a carreira como lateral, para o Atlético Mineiro. Cunha forte complexión física para un futbolista, recibe o seu alcume de Hulk, non polo seu parecido á personaxe de banda deseñada de Marvel creada por Stan Lee e Jack Kirby, senón polo seu parecido a Lou Ferrigno, quen interpretou o personaxe na serie televisiva dos anos 1970.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Hulk | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Givanildo Vieira de Souza | ||
Nacemento | 25 de xullo de 1986 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Campina Grande | ||
Altura | 1,80 m | ||
Posición | Dianteiro / Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Atlético Mineiro | ||
Número | 7 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Vilanovense | ||
2002 | São Paulo | ||
2003–2004 | Vitória | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2005 | Vitória | 1 | (0) |
2005–2008 | Kawasaki | 11 | (1) |
2006 | → Sapporo (cesión) | 38 | (25) |
2007 | → Tokyo Verdy (cesión) | 42 | (37) |
2008 | Tokyo Verdy | 13 | (7) |
2008–2012 | Porto | 99 | (54) |
2012–2016 | Zenit | 97 | (56) |
2016–2020 | Shanghai SIPG | 100 | (51) |
2021– | Atlético Mineiro | 60 | (36) |
Selección nacional | |||
2012 | Brasil olímpico | 6 | (1) |
2009– | Brasil | 49 | (11) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 30 de maio de 2022. Selección: actualizado a 30 de maio de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Sen ter destacado no Brasil, Hulk deixou o Vitória con só 18 anos para facer carreira no Xapón, no Kawasaki Frontale, Tokyo Verdy e Consadole Sapporo, estabelecendo unha destacable media de goles (74 en 111 partidos). Finalmente acabou asinando polo FC Porto en 2008, onde desde entón, chamou a atención doutros grandes clubs europeos, principalmente grazas á tempada 2010-11 que fixo no club portugués, tendo marcado 36 goles en todas as competicións e sendo o máximo goleador da Primeira Liga con 23 goles, alén de 21 asistencias. Ese ano foi elixido como futbolista do ano no país. Finalmente no ano 2012 marchou á liga rusa asinando co Zenit de San Petersburgo.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.