Huiyuan
Monxe budista chinés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Huiyuan (en chinés: 慧遠, Hui-yüan), nado en 334 e finado en 416 foi un mestre budista chinés que fundou o templo Donglin no monte Lushan na provincia de Jiangxi e escribiu o texto Sobre por que os monxes non se inclinan perante os reis en 404. Naceu na provincia de Shanxi mais tras unha longa ensinanza budista acabou na provincia de Jiangxi, onde faleceu. Aínda que naceu no norte, marchou ao sur para vivir dentro das fronteiras da dinastía Jin oriental.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 334 (Gregoriano) Shanxi (pt) |
Morte | 416 (Gregoriano) (81/82 anos) Hubei |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | China |
Relixión | Budismo |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , mestre , filósofo |
Lingua | Lingua chinesa |
Pechar
Huiyuan foi nomeado postumamente Primeiro Patriarca da Escola da Terra Pura do Budismo. Os seus discípulos inclúen a Huiguan (慧觀), Sengji (僧濟) e Faan (法安).