Hotel Arts
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hotel Arts é un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Barcelona, en España. Foi construído entre 1988 e 1992 na entrada do Port Olímpic con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992, e preside aquela zona da cidade xunto coa veciña Torre Mapfre, que ten a mesma altura.
Hotel Arts | |
---|---|
O Hotel Arts. | |
Edificio | |
Localización | Cataluña Barcelona |
Coordenadas | 41°23′12″N 2°11′46″L |
Propietario | Deutsche Bank [1] |
Uso(s) | Mixto |
Construción | |
Inicio | 1988 |
Remate | 1992 |
Dimensións | |
Altura da azotea | 154 |
Plantas | 44 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Bruce Graham |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ambos rañaceos son, con 154 metros de altura, os máis altos de Barcelona e de Cataluña. O conxunto formado polas dúas torres complétase coa monumental escultura Peix d'or (Peixe de ouro) de Frank Gehry.
É unha torre de vidro de cores verdes e grises, de 44 plantas, rodeada dunha estrutura de ferro de cor branca, que foi deseñada polo arquitecto Bruce Graham, propiedade de Deutsche Bank[1] e sede dun luxoso hotel de cinco estrelas da cadea Ritz-Carlton, que abriu as súas portas en 1994. Integra tamén 27 apartamentos de luxo, todos dúplex, dunha, dúas ou tres habitacións, con cociña e comedor, que ocupan as nove últimas plantas. Algún dos apartamentos tamén teñen terraza.
No último piso hai un restaurante que leva o cociñeiro Sergi Arola, antigo alumno de Ferran Adrià. No punto máis alto da torre hai instalada unha cámara de TV3.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.