![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Horst_K%25C3%25B6hler.jpg/640px-Horst_K%25C3%25B6hler.jpg&w=640&q=50)
Horst Köhler
From Wikipedia, the free encyclopedia
Horst Köhler, nado o 22 de febreiro de 1943 en Skierbieszów, Goberno Xeral, na actual Polonia, é un economista e político, que foi Presidente da República Federal de Alemaña dende o 1 de xullo de 2004 até o 30 de xuño de 2010, tras deixar o cargo. Foi sucedido por Christian Wulff, político do seu mesmo partido, a Unión Demócrata Cristiá.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Horst Köhler é o sétimo de oito irmáns dunha familia granxeira de relixión protestante. Anteriormente fora director do Fondo Monetario Internacional, dende o 1 de maio de 2000 até o 4 de marzo de 2004, cando se lle comunicou que era candidato conxunto da CDU, CSU e FDP para o cargo de Presidente Federal de Alemaña.