Homonimia
From Wikipedia, the free encyclopedia
De modo xeral, a homonimia é un fenómeno lingüístico consistente na identidade fónica ou gráfica de dous morfemas que non teñen o mesmo sentido.
Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas:
- relacións de incompatibilidade (véxase antonimia).
- relacións de inclusión. e
- relacións entre significantes e significados (sinonimia, homonimia e polisemia).
Como a homonimia, a polisemia está ligada á evolución histórica das linguas e implica a atribución de varios significados a un só significante.
A homonimia orixínase pola coincidencia nun estado de lingua de varios significantes que presentan significados diferentes e que non teñen ningún tipo de proximidade ou parentesco:
- desmontar: Facer que alguén baixe dunha cabalaría ou, por extensión, do sitio en que está montado. Descabalgar.
- desmontar: Cortar ou arrincar dun monte, ou de parte del, as árbores e o mato para podelo cultivar.
Distínguense dous tipos de homonimia: absoluta e parcial. Na parcial os significantes poden non ser idénticos en canto a súa fonética:
- doce: Que ten un sabor agradable (con vogal tónica semiaberta, /ɔ/).
- doce: Número de unidades que caben nunha ducia (con vogal tónica semifechada, /o/).