rama da lingüística que estuda os sons das linguas From Wikipedia, the free encyclopedia
A fonética é a disciplina da lingüística que estuda a produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en canto realidades físicas concretas. A fonética persegue o coñecemento do son lingüístico en xeral.
Tanto a fonoloxía como a fonética teñen como obxecto de estudo os aspectos sonoros do signo lingüístico e o nome das dúas deriva da palabra grega phonos ("voz" ou "son"). A fonoloxía estuda os sons desde o punto de vista da lingua, do sistema, da forma. Para a fonoloxía o son é unha unidade de lingua virtual, relevante e significativa que posúe un valor determinado. Porén, as unidades da fonoloxía, os fonemas, son abstractas, son sons inmateriais que son recoñecidos no seo dunha comunidade de fala. A fonética estuda o son como parte da fala e define unidades actualizadas (isto é, efectivamente realizadas). As unidades da fonética, os sons, pódense definir por medios físicos.
Por exemplo, nas palabras vai e avó as consoantes son distintas do punto de vista articulatorio e das características físicas, pois aínda que as dúas son bilabiais e sonoras, a primeira é oclusiva e a segunda fricativa. Son foneticamente dous sons diferentes. Non obstante, desde o punto de vista do sistema do galego esta diferenza non é distintiva e polo tanto ambas as dúas realizacións se corresponden cun único fonema desde o punto de vista da fonoloxía. Noutros idiomas a distinción si podería ser pertinente. Así, por exemplo, a distinción entre e aberto e e pechado é estudada pola fonoloxía en galego, pois hai palabras como présa (apuro) e presa (conxunto ou dique) que se diferencian por ese fonema, pero non o é en español, onde só é obxecto de descrición fonética. A fonética manexa procedementos físicos de medición de son.
Porén, ambas as dúas disciplinas están interconectadas, porque sen a fonoloxía non se podería descubrir o verdadeiramente sistemático da lingua e sen a fonética a fonoloxía non se lograría desenvolver. A fonética ocúpase de todas as variacións e de todas as posibilidades que ofrece a materia fónica, mentres que a fonoloxía o fai dos sons que posúen un valor diferenciador de significados.
O estudo do medio fónico pódese levar a cabo desde tres puntos de vista:
Estas tres focaxes dan lugar ás dúas grandes pólas da fonética: a fonética articulatoria e a fonética acústica.
Describe as posicións que se adoptan na articulación dos sons para modificar a saída do ar. Non só se describen os sons, senón que se lles asignan trazos segundo o modo e o lugar da articulación. O principal método usado é a auto-observación, pero existen outros coma:
Un dos intereses da fonética articulatoria actual é a determinación da forma e o volume dos resoadores que se forman na cavidade bucal na realización das diferentes articulacións.
A fonética acústica estuda os compoñentes das ondas complexas dos sons articulados e busca cales son imprescindíbeis. Usa ou usou algunhas destas técnicas:
Hoxe en día estes aparellos son substituídos ou complementados por computadores e software.
A fonética acústica describe esencialmente o timbre e o ton fundamentais máis os seus harmónicos. Por exemplo, as vogais [a] e [e] poden ter o mesmo ton, mais os seus harmónicos son distintos.
A transcrición fonética é a representación por medio de signos gráficos dos sons efectivamente realizados. O alfabeto máis estendido a nivel mundial é o Alfabeto Fonético Internacional, ou AFI, cuxa primeira versión apareceu en 1888 auspiciada pola International Phonetic Association (Asociación Fonética Internacional ou IPA, siglas que tamén se usan para referirse ao alfabeto mesmo). Para o galego usouse até hai pouco unha adaptación do alfabeto fonético da Revista de Filología Española. Os sons transcríbense entre corchetes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.