Historia das representacións eróticas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As representacións eróticas inclúen pinturas, esculturas, fotografías, obras dramáticas, composicións musicais e literarias que mostran escenas de natureza sexual. Teñen sido creadas por case todas as civilizacións, sexan antigas ou modernas. As culturas primitivas asociaban con frecuencia o acto sexual con forzas sobrenaturais e, polo tanto, a súa relixión estaba entrelazada con estas representacións. En países asiáticos como a India, o Nepal, Sri Lanka, o Xapón e a China, as representacións de sexo e arte erótica teñen significados espirituais específicos dentro das crenzas nativas do hinduísmo, budismo, xintoísmo e taoísmo. Os antigos gregos e romanos produciron moita arte e decoración de natureza erótica, gran parte da mesma integrada con súas crenzas relixiosas e prácticas culturais.[1][2]
En épocas recentes, as representacións eróticas teñen pasado de seren un artigo de luxo a unha ferramenta de propaganda e logo un produto cotián. A medida que as tecnoloxías de comunicación teñen evoluído, cada nova técnica, como a prensa, a fotografía, o cinema e os computadores, foron adaptados para mostrar e distribuír esas representacións.[3]