From Wikipedia, the free encyclopedia
A historia das mulleres[1] é un enfoque histórico crítico coa historia tradicional e vinculado ao xurdimento do movemento feminista e o feminismo académico.[2] A historia das mulleres recupera o papel das mulleres na historia, un papel ocultado polos mecanismos que desenvolveu historicamente o patriarcado[3]e o fenómeno conceptualizado como criptoxinia no ano 2020.[4] Ademais da recuperación do papel das mulleres en diversas clases sociais e momentos históricos, o enfoque de xénero da historia trata de desentrañar os mecanismos opresivos que produciron as desigualdades.[5] Para iso utiliza o xénero como categoría de análise, tal e como propuxo a historiadora Joan Scott en 1986, co dobre obxectivo de recuperar o papel desempeñado polas mulleres ao longo da historia, e coñecer os mecanismos de poder patriarcais, estes estudos históricos abordaron, por unha banda, perspectivas estruturalistas ou propias da historia social (traballo, institucións, política tradicional, clase social, movementos políticos, parentesco, etc).[6][7] Por outra, veñen desenvolvendo tamén enfoques históricos posestruturalistas máis baseados na análise de discursos e representacións, do corpo, a construción da dicotomía feminidade/masculinidade e a subxectividade ou a produción de saberes e ciencia. Novos campos emerxentes na actualidade son os estudos sobre a sexualidade (orientacións sexuais, historia queer) as prácticas de sociabilidade (amizade, lecer) ou a historia das emocións ou sentimentos. Estas áreas de investigación situaríanse dentro do que tradicionalmente se chamou historia cultural.
A historia das mulleres ou do xénero non son dúas ramas segregadas posto que o obxectivo da tarefa investigadora é común: desentrañar as razóns históricas das desigualdades e dicotomías sexo/xénero e o funcionamento do patriarcado como réxime opresivo. Como outras áreas dentro dos Estudos das mulleres ou de xénero a metodoloxía de investigación é interdisciplinar, tomando enfoques da teoría feminista, a crítica literaria, a historia cultural, a socioloxía ou a antropoloxía críticas e feminista.[8]
No século XXI, as investigadoras analizan as mulleres en situacións ominosas do pasado, do máis afastado e tamén do recente, a construción da cidadanía e a lexitimación e igualación da filiación, o significado do asociacionismo feminino.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.