Hiroshige
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiroshige, nado en Toquio en 1797 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1858, tamén coñecido Andō Hiroshige (grafía xaponesa 安藤広重), Utagawa Hiroshige (歌川広重) e aínda Ichiyusai Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, elevando este tema a un nivel artístico de estilo inigualado. Distinguíuse polas series de estampas do monte Fuji e de Edo (o actual Toquio), debuxando xenialmente as escenas e a atmosfera da cidade, tomando os instantes da vida cotiá da urbe antes da súa transformación na era Meiji (1868-1912).
Nome orixinal | (ja) 歌川広重 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja-hrkt) 安藤 徳太郎 1797 Edo |
Morte | 12 de outubro de 1858 (60/61 anos) Edo |
Causa da morte | Cólera |
Lugar de sepultura | Tōgaku-ji (en) |
Dōshin (en) hikeshi (en) | |
1809 – 1832 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | 安藤 重右衛門 安藤 徳兵衛 安藤 鉄蔵 歌川 広重 |
País de nacionalidade | Xapón |
Grupo étnico | Pobo xaponés |
Actividade | |
Campo de traballo | Ukiyo-e |
Lugar de traballo | Edo Kyoto |
Ocupación | pintor , artista de ukiyo-e , xilógrafo |
Período de actividade | 1818 - |
Xénero artístico | Arte de paisaxes e ukiyo-e |
Movemento | Utagawa school (en) e Kasei culture (en) |
Profesores | Ichiriusai Toyohiro e Ōoka Unpō (pt) |
Alumnos | Hirokage (pt) , Utagawa Shigekiyo (en) , Q11545221 , Q35999857 , Q11545222 , Q11605744 e Yoshinobu Utagawa (en) |
Influencias | |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
As súas obras -gravuras con técnica xilográfica- caracterízanse polo seu formato vertical, pola mestría sutil de cores libre -con dominio do verde e do azul- e polo sentido do primeiro plano, que sería máis tarde retomado pola fotografía e o cine. Xunto con Katsushika Hokusai (1760-1849) alcanzaría a cima da arte paisaxística xaponesa do século XIX.
A súa obra máis coñecida foron as xilografías coreadas 53 Estacións de Tōkaidō.