![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/26/Gray1229.png/640px-Gray1229.png&w=640&q=50)
Hime
From Wikipedia, the free encyclopedia
O hime[1] é un delgado pregamento cutáneo membranoso que se encontra no orificio vaxinal, rodeándoo e cubríndoo parcialmente.[2][3] O hime xeralmente está perforado por diante da súa parte central, o que permite a saída dos fluídos menstruais, pero o tamaño e tipo de perforación é variable e hai casos en que está imperforado. O tamaño da abertura do hime aumenta coa idade. Xeralmente o orificio do hime estirado dálle a este unha forma semilunar.[2] Non forma unha membrana tensa (como a pel dun tambor) senón que é amplo e frouxo e colga inferiormente algo, polo que as súas beiras quedan en contacto e o orificio ten aspecto dunha fenda media.[4] O hime é bastante elástico. Ás veces o hime pode ser moi fibroso, o que dificulta a penetración e causa dor nas relacións e pode requirir cirurxía.[5]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/26/Gray1229.png/320px-Gray1229.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Vulva_hymen_miguelferig.png/640px-Vulva_hymen_miguelferig.png)