Highland Clearances
From Wikipedia, the free encyclopedia
Highland Clearances ("limpeza" das Highlands) en inglés e Fuadach nan Gàidheal (expulsión dos gaels) en gaélico escocés, foi un desprazamento forzado da poboación das Highlands, principalmente entre 1750 e 1860. Este desprazamento provocou unha migración masiva cara aos Lowlands e cara ao estranxeiro. Estas "limpezas" formaron parte dun cambio xeral no sistema agrícola do Reino Unido, pero este desprazamento en concreto, pola súa cronoloxía tardía, a ausencia de protección legal para os arrendatarios a curto prazo baixo as leis escocesas, a ruptura brusca co sistema de clans anterior, así como a brutalidade de moitas das ordes de expulsión, fixeron das Highland clearances un evento traumático que adquiriu notoriedade.[1]
Os procesos que despoboaron as zonas rurais do sur de Escocia durante a Revolución agrícola británica coñécese como Lowland Clearances, pero o efecto sobre a zona setentrional de Escocia -na que se falaba en gaélico escocés e mantíñase a cultura semifeudal dos clans- produciu a aparición de protestas e de resentimento por parte dos descendentes dos que foron obrigados a emigrar, ou ben obrigados a subsistir nos suburbios das cidades ou en pequenas zonas marxinais (transformados en crofters, arrendatarios de pequenos terreos, e traballando para os terratenentes en condicións infrahumanas).[1]