composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
O hidróxeno triatómico, trihidróxeno ou H3 é unha molécula formada por tres átomos de hidróxeno, que se forma en condicións especiais pola súa menor estabilidade con respecto ao hidróxeno molecular diatómico, H2, ou do catión trihidróxeno, H3+. Pertence ao grupo das moléculas de Rydberg,[1] que son moléculas preditas por Enrico Fermi, que son máis estables en estados de alta enerxía que no estado fundamental, que é disociativo. O enlace entre os seus átomos é extremadamente feble e fórmase porque un dos seus átomos posúe un electrón moi afastado do núcleo (átomo de Rydberg) o que lle permite interactuar cos outros átomos e formar a molécula. Como é moi inestable, a molécula desfaise en aproximadamente unha millonésima de segundo. Este tempo de vida tan efémero fai que sexa unha molécula rara, pero no Universo fórmase e destrúese bastante frecuentemente grazas ao común que é o catión trihidróxeno. O espectro infravermello do H3 debido á vibración e á rotación é moi similar ao do ión H3+. A molécula só existe no estado excitado. Nas etapas iniciais do Universo a súa capacidade de emitir luz infravermella permitiu que o hidróxeno primordial e o gas helio arrefriasen para formaren estrelas.
Foi descuberta espectroscopicamente nos anos 80 por Gerhard Herzberg, premio Nobel de Química en 1971 e pai da espectroscopía molecular. Por este descubrimento concedéuselle en 1985 a medalla da American Physical Society.[2]
O trihidróxeno foi estudado polo físico alemán Wolfgang Ketterle, cuxa tese de doutoramento de 1986 trataba sobre a espectroscopía do hidruro de helio e do hidróxeno triatómico.[3]
Estas moléculas fórmanse a presións baixas (arredor de 2 cmHg en tubos de descarga.[4]
Teñen tendencia a autoionizarse ou fotodisociarse, perdendo un electrón para daren o catión trihidrógeno, máis estable.[5]
De feito, os estados excitados de H3 próximos ao limiar de ionización son resonancias no proceso de recombinación disociativa:[6]
e tamén
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.