From Wikipedia, the free encyclopedia
Os hidróxidos[1] son un grupo de compostos químicos formados por un metal e un ou varios anións hidroxilos. O hidróxido, combinación que deriva da auga por substitución dun dos seus átomos de hidróxeno por un metal, está presente en moitas bases. Non debe confundirse cun hidroxilo, o grupo OH formado por un átomo de osíxeno e outro de hidróxeno, característico dos alcois e fenois. Antigamente os hidróxidos dos metais alcalinos e do amonio eran coñecidos co nome de álcalis, pero este termo tras a implantación da nomenclatura moderna úsase máis para denominar a calquera substancia que presenta carácter alcalino.
Os hidróxidos formúlanse escribindo o metal seguido do grupo dependente coa base dun ión de radical adecuado con hidroxilo; este vai entre paréntese se o subíndice é maior dun. Noméanse utilizando a palabra hidróxido seguida do nome do metal, con indicación da súa valencia, se tivese máis dunha. Por exemplo, o Ni(OH)2 é o hidróxido de níquel(II) e o Ca(OH)2 é o hidróxido de calcio (véxase nomenclatura química).
As disolucións acuosas dos hidróxidos teñen carácter básico, xa que estes se disocian no catión metálico e os ións hidróxido. Isto é así porque o enlace entre o metal e o grupo hidróxido é de tipo iónico, mentres que o enlace entre o osíxeno e o hidróxeno é covalente. Por exemplo:
Os hidróxidos resultan da combinación dun óxido básico coa auga. Os hidróxidos tamén se coñecen co nome de bases. Estes compostos son substancias que en solución producen ións hidroxilo.
Na clasificación mineralóxica de Strunz englóbanse dentro do grupo dos óxidos, aínda que hai bibliografías que os tratan como un grupo á parte.
Os hidróxidos clasifícanse en básicos, anfóteros e ácidos. Por exemplo, o Zn(OH)2 é un hidróxido anfótero xa que:
Son, pois, compostos ternarios formados por un elemento metálico, osíxeno e hidróxeno (estes dous últimos elementos forman un grupo chamado oxhidrilo ou hidroxilo). Exemplos:
Tamén hai outra nomenclatura: numerais de stock
Débese buscar a valencia dos elementos na táboa periódica. É o número que hai que pór entre paréntese.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.