xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os hibiscos[2] son plantas pertencentes ao xénero Hibiscus , un amplo xénero cunhas 150 especies aceptadas, das máis de 1.000 descritas[3], da familia Malvaceae, típicas de ambientes cálidos, en rexións tropicais e subtropicais.
Hibiscos (xénero Hibiscus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do hibisco | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Especies de Hibiscus | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
En Galiza úsanse coma ornamentais.
O xénero inclúe dende plantas herbáceas, anuais ou perennes, até pequenos arbustos e arboriñas. As follas son alternas, simples, de ovadas a lanceoladas, a miúdo coa marxe serrada ou lobulada. As flores son longas, conspicuas, con forma de trompeta, con cinco pétalos, de tons brancos a rosas, vermellos, morados ou amarelos, de 4 a 15 cm de tamaño. O froito é unha cápsula que contén varias sementes en cada lóculo.
É un xénero de zonas temperadas, subtropicais e tropicais de todo o mundo, cunha orixe centrada principalmente no sueste de Asia. Introducido e cultivado dende tempos inmemoriais para usos ornamentais, alimentarios e medicinais.
Moitas especies cultívanse polas súas flores rechamangueiras ou se utilizan coma arbustos en paisaxismo (a especie Hibiscus syriacus, a rosa de Siria, é moi común). Tamén son un ingrediente principal en tés de herbas ou infunsións.
Unha das especies, coñecida coma kenaf (Hibiscus cannabinus) úsase amplamente na elaboración de papel.
A rosa de Xamaica (Hibiscus sabdariffa), úsase coma verdura e para elaborar infusións de herbas e marmeladas (en especial no Caribe). En Latinoamérica, é bastante popular a bebida coñecida coma auga de Xamaica, elaborada a partir dos cálices desta especie. En Exipto e no Sudán utilízanse os pétalos para facer unha infusión chamada carcad
As especies de hibisco son substento de larvas dalgúns lepidópteros, coma Chionodes hibiscella ou Hypercompe hambletoni. Ademais atácana os pulgóns.
O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 693, polo ano 1753. A especie tipo é Hibiscus syriacus L.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.