From Wikipedia, the free encyclopedia
O cráter Herschel é un gran cráter de impacto que está no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno, Mimas, moi preto do ecuador e a uns 110° de lonxitude oeste. Recibiu o seu nome en honra ó astrónomo William Herschel, quen descubriu Mimas no ano 1789.
O cráter Herschel é o cráter máis grande en relación ó corpo -en equilibrio hidrostático- no cal está situado.[3] Este cráter é tan grande que os astrónomos están sorprendidos de que Mimas non se esnaquizar a causa do impacto. Mide 139 km[1] de ancho, case 1/3 do diámetro da lúa; as súas paredes teñen uns 5 km de altura,[2][3] con partes do chan do cráter que acadan case 10 kms de profundidade, e cun pico central que se eleva 6 km sobre o terreo circundante.[2] Se existise un cráter a un escala equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, tan ancho coma Canadá, e cunhas paredes de 200 km de altitude. O impacto que creu o cráter Herschel debeu estar a piques de destruír Mimas por completo; pódense ver chasmata nas antípodas do cráter, seguramente estas fracturas e fendas foron creadas polas ondas de choque xeradas polo impacto e que atravesaron a lúa, focalizándose no punto oposto do impacto. Tamén se sospeita que o impacto ten moito que ver co actual patrón da imaxe da temperatura da Mimas, este patrón ten unha forma de Comecocos.[2]
A semellanza entre Mimas e a Estrela da Morte do filme Star Wars, debido ó gran tamaño do cráter, é citada moi a miúdo tanto na prensa coma por parte da NASA/JPL.[4][5] Pero non é máis cunha coincidencia xa que o cráter non foi descuberto ata o ano 1980, tres anos despois de que se fixera o filme.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.