Heroe da Unión Soviética
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Heroe da Unión Soviética (ruso: Герой Советский Союз, Guerói Sovétsky Soyuz) era o máis alto título honorario e o grao de distinción superior da Unión Soviética. Incluía a Orde de Lenin e, como sinal de excelencia, a medalla da Estrela Dourada co certificado da fazaña (grámota), concedido polo Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética. O galardón foi establecido o 16 de abril de 1934.
Heroe da Unión Soviética | |
---|---|
Estrela do Heroe da Unión Soviética | |
Outorgada pola Unión Soviética | |
Tipo | Título honorario |
Elixibilidade | Militares soviéticos e cidadáns estranxeiros |
Outorgada por | «Fazañas heroicas ao servizo do estado e sociedade soviéticos» |
Estado | Non se entrega actualmente |
Estadísticas | |
Establecida | 16 de abril de 1934 |
Primeira outorgada | 20 de abril de 1934 |
Última outorgada | 24 de decembro de 1991 |
Outorgadas totais | 12776 |
Precedencia | |
Seguinte maior | Ningunha |
Igual | Orde de Lenin |
Seguinte menor | Heroe da Federación Rusa |
Máis de 12 500 persoas recibiron esta distinción.[1] A gran maioría durante a Gran Guerra Patria (11 635 Heroes da URSS, 101 en dúas ocasións, 4 en tres ocasións e 2 en catro ocasións). Un heroe famoso foi Aleksandr Matrosov que recibiu de maneira póstuma por morrer ao bloquear unha metralladora inimiga co seu propio corpo. Tamén recibiu a condecoración a título póstumo o español Rubén Ruiz Ibárruri, único fillo home de Dolores Ibárruri A Pasionaria, caído durante a batalla polo control da estación central na Batalla de Stalingrado.
Os primeiros en recibir a distinción foron os pilotos: Liapidevsky, Levanevsky, Vasili Molokov, Mavrikiy Slepniov, Nikolai Kamanin, Iván Doronin e Vodopiánov, que participaron na procura e rescate da tripulación do vapor Cheliuskin, que se afundiu en augas do Ártico o 13 de febreiro de 1934.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.