From Wikipedia, the free encyclopedia
Sir Hermann Bondi, nado o 1 de novembro de 1919 e finado o 10 de setembro de 2005, foi un matemático e cosmólogo británico de orixe austríaca. É coñecido por desenvolver a teoría do estado estacionario do universo con Fred Hoyle e Thomas Gold como unha alternativa á teoría do Big Bang, pero o seu legado máis duradeiro probablemente será as súas importantes contribucións á teoría da relatividade xeral.
Xunto co astrónomo estadounidense Thomas Gold e o británico Fred Hoyle, propuxo en 1948 a teoría do estado estacionario do universo, alternativa á teoría do Big Bang, segundo a cal o Universo mantense uniforme no espazo e no tempo. Entre os seus traballos máis importantes destacan as súas contribucións sobre a teoría da relatividade xeral.
Bondi chegou a Cambridge en 1937 fuxindo do forte antisemitismo presente en Austria. A comezos da segunda guerra mundial foi internado prisioneiro na illa de Man e no Canadá como nativo dun país do Eixo alemán. Foi liberado en 1941 trabajando no sistema de radar junto a Fred Hoyle. En 1946 adquiríu a nacionalidade británica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.