From Wikipedia, the free encyclopedia
Herman Hollerith, nado en Buffalo (Nova York) o 29 de febreiro de 1860 e finado en Washington, D.C., o 17 de novembro de 1929, foi un inventor que desenvolveu un tabulador electromagnético de tarxetas perforadas para axudar no resumo da información e, máis tarde, a contabilidade. Foi o fundador da compañía de máquinas de tabulación que se fusionou (a través de adquisición de accións) en 1911 con outras tres compañías para formar unha quinta parte da empresa, a Computing Tabulating Recording Company, máis tarde chamada International Business Machines (IBM).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de febreiro de 1860 (Xuliano) Buffalo, Estados Unidos de América |
Morte | 17 de novembro de 1929 (69 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemitério Oak Hill (pt) , Amphitheater Lot 654 East 38°54′46″N 77°03′33″O |
Educación | City College de Nova York (–1879) Escola de Engenharia e Ciências Aplicadas da Fundação Fu (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ciencias da computación |
Ocupación | inventor, matemático, informático teórico, estatístico, empresario, enxeñeiro |
Empregador | Computing Tabulating Recording Company (pt) (1896–1921) United States Patent and Trademark Office (en) (1884–) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (1882–1884) |
Influencias | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Está considerado como unha das figuras seminais no desenvolvemetno de procesamento de datos. A súa invención da máquina de tarxetas perforadas de tabulación marcou o comezo da era das semiautomáticas de procesamento de datos de sistemas, e o seu concepto de que dominaba a paisaxe durante case un século. Foi un dos primeiros informáticos, é dicir dos primeiros que lograron o tratamento automático da información (Informática=Información + automática).
A pesar de ser un mozo moi intelixente, a súa mala pronunciación fixo que acabase por contratar un titor privado. En 1875, aos quince anos, Hollerith logrou entrar na Universidade de Columbia, onde se graduou con honores como enxeñeiro de minas.[1]
Tras pasar uns veráns traballando na súa terra natal, un dos seus antigos profesores, William Petit Throwbridge, propúxolle ser o encargado de elaborar un censo sobre o uso do vapor e da auga.[2] Alí, coñeceu a Kate Sherman Billings, filla de John Shaw Billings, xefe do departamento de estatísticas vitais da oficina do censo dos Estados Unidos (departamento que contabiliza e estuda os nacementos, os pasamentos, os casamentos e os divorcios). Así pois, este inspirouno e axudouno na súa creación, recoñecemento que lle outorgou pouco antes de falecer.
En 1882, Hollerith comezou a traballar para o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde exerceu de instrutor de enxeñaría mecáncica. Non obstante, a súa permanencia no posto de traballo foi curta, pois non lle acababa de agradar o mundo da educación. Despois, estivo en St. Louis, Missouri, onde estudou e deseñou ferrocarrís eléctricos. En 1884, obtivo un cargo na oficina de patentes dos Estados Unidos en Washington, D.C., cargo que desempeñou durante os seguintes seis anos.[3]
Herman observou que as preguntas contidas nos censos podían contestarse cun "si" ou cun "non". Entón ideou unha tarxeta perforada, unha cartolina en que, segundo estivese furada ou non en determinadas posicións, se contestaba este tipo de preguntas. A tarjeta tiña 80 columnas.
O goberno dos Estados Unidos escolleu a máquina tabuladora de Hollerith (considerada por algúns como a primeira computadora) para elaborar o censo de 1890. Tardáronse só tres anos en perforar uns 56 millóns de tarxetas. Isto permitiu que o cense dese país se puidese facer dun xeito máis fácil.
Hollerith patentou a súa máquina en 1889. Un ano despois incluíu a operación de sumar coa fin de empregala na contabilidade dos Ferrocarrís Centrais de Nova York.
En 1896, Hollerith fundou a empresa Tabulating Machine Company, coa finalidade de explotar comercialmente o seu invento. Nese momento, grazas á súa previsión de patentar todos os seus inventos, posuía o monopolio do procesamento e da codificación da información. En 1911, a súa compañía fusionouse con Dayton Scale Company, International Time Recording Company e Bundy Manufacturing Company, para crear a Computing Tabulating Recording Company (CTR). O 14 de febreiro de 1924, CTR cambiou o seu nome polo de International Business Machines Corporation (IBM), da que o primeiro presidente foi Thomas John Watson, que curiosamente non estaba moi convencido do futuro que podían ter esas máquinas.
Hollerith faleceu o 17 de novembro de 1929 aos 69 anos, a causa dun ataque ao corazón. Foi enterrado en Oak Hill Cementery do barrio de Georgetown (Washington, D.C.), igual que o seu fillo, Herman Hollerith Jr.[4]
Nesa época, os censos realizábanse de forma manual, co atraso que iso supuña (ata dez ou doce anos). Hollerith comezou codificando a información do censo nunha fita de papel dividida en espazos, en que cada un deles significaba algún ítem: sexo, franxa de idade, raza etc. Segundo cada persoa, furaba un dos espazos concretos. Os papeis, unha vez feitos os buratos, eran lidos por un dispositivo e o proceso acelerouse un pouco. Hollerith patentou a súa máquina en 1889 e un ano despois incluíu a operación de sumar coa finalidade de empregala na contabilidade dos Ferrocarrís Centrais de Nova York. Tamén aplicou o seu mecanismo ás estatísticas de sanidade dalgunhas cidades de América do Norte. Mentres, continuaba a perfeccionar o deseño e o funcionamento do seu invento.[5]
No ano 1887 empregouse o seu sistema para calcular datos estatísticos sobre a mortalidade en Baltimore. Hollerith xa cambiara o seu deseño inicial e substituíra as fitas de papel por tarxetas perforadas. Como consecuencia, deseñáronse ferramentas especiais que realizaban un orificio de 6 mm polo que se podía introducir moita máis información que co sistema inicial, o que se baseaba en marcar os campos con tinta, posteriormente substituída por orificios de gran tamaño.
Co tempo comezou a traballar no deseño dunha máquina tabuladora ou censadora, baseada nas anteriormente chamadas tarxetas perforadas. Deste xeito podíase almacenar máis información e era máis doado de gardar. Hollerith observou que a maior parte das preguntas contidas nos censos se podían contestar cun "si" ou cun "non". Entón ideou unha tarxeta perforada. Unha cartolina en que, segundo estivese furada ou non en determinadas posicións, se contestaba este tipo de preguntas. O sistema de tarxetas patentouse en 1889.
O uso destas tarxetas perforadas facilitaba a clasificación dos datos. Grazas ás tarxetas era posible ver, por exemplo, o número de mulleres ou varóns que había nunha poboación dunha determinada idade. Hollerith implantou unha técnica que se empregou durante moito tempo e que foi a base da computación ata que apareceron melloras.
A máquina tabuladora non só se empregaba para o censo de poboación, senón tamén, por exemplo, para calcular as estatísticas sanitarias do exército ou para elaborar o censo agrícola. Posteriormente, Hollerith decidiu orientar a máquina tabuladora cara a un sector máis comercial e mercantil, a causa do enorme éxito que supuxera no campo do censo.
As tarxetas perforadas (Hollerith Cards) foron bautizadas co seu nome, igual que as Hollerith constants ou Hollerith strings, outras das súas contribucións no mundo da programación de computadores.
Está considerado un dos pais da informática moderna debido ás súas grandes invencións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.