O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia.[1] Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.

Thumb
Símbolo ás veces asociado ao hermafroditismo, derivado do símbolo grecorromano de Hermes/Mercurio.

Fecundación cruzada

Aínda que os seres vivos hermafroditas producen os dous tipos de gametos, de cando en vez fecúndanse a si mesmos. Se se exceptúa algún caso como as tenias, que si poden autofecundarse (de todos os xeitos esta fecundación nunca se produce no mesmo aparello reprodutor, dúas proglotes uniríanse para a fecundación), os restantes hermafroditas necesitan a colaboración doutro conxénere para reproducírense. Nas plantas sucede o mesmo, pois aínda que as flores posúen os dous sexos, os gametos maduran a distinto tempo, polo que se require unha polinización cruzada para levar a cabo a fecundación.

Este é o caso da maioría das plantas con flores e dalgúns animais, por exemplo, caracois e miñocas de terra.

Algúns peixes tamén son hermafroditas: poden iniciar a súa vida como femias e cambiar de sexo logo de procrear varias veces, transformándose en machos.

O hermafroditismo considérase como un indicio de reprodución máis primitiva que a unisexualidade, como o demostra a súa frecuencia entre organismos máis primitivos e a progresiva separación de sexos a medida que avanzamos na escala evolutiva animal.

Alcance do hermafroditismo

Como estratexia reprodutiva, o hermafroditismo é ideal para animais aos que custa atopar parella, xa sexa polo seu hábitat, a súa baixa poboación, o seu illamento ou a súa lenta translación. A desvantaxe que presentaría é unha menor eficiencia nas tarefas reprodutivas debido á falta de especialización.[2]

Dise que a maioría dos hermafroditas non son funcionais porque aínda que é posible, é raro (especialmente en animais) que suceda a autofecundación, a cal é un feito só nalgunhas especies hermafroditas.[2][3]

Especies

O hermafroditismo está amplamente representado entre as plantas con flores (Anxiospermas).

Nos animais o hermafroditismo verdadeiro como medio de reprodución dáse en invertebrados, como a estrela de mar,[4] caracois[4] e lombrigas de terra; e, en varios peixes.[5]

Non existe documentada a existencia de ningún mamífero hermafrodita sen identidade sexual.[3]

Nos artrópodos, a presenza de simbiontes intracelulares, transmitidos de xeración en xeración, poden parasitar o sistema reprodutor dos machos producindo unha feminización. Nalgúns casos esta feminización é incompleta polo que poden aparecer fenotipos intersexuais.

As investigacións revelaron que algunhas femias eran en realidade xenotípicamente machos, co cal a determinación sexual estaba determinada polo simbionte e non polos cromosomas. Distintas bacterias, como Wolbachia, Paramixidia ou Microspiridia, poden ser endosimbiontes feminizantes.

Se, debido a estas bacterias simbiontes, se inhibe a diferenciación da glándula androxénica, ou sexa, bloquéase a glándula que xera hormonas masculinas, aparece o fenotipo feminino en individuos xeneticamente machos. Se, pola contra, este bloqueo é imperfecto, aparecen individuos intersexuais.[6]

Outras representacións

Un dimorfismo sexual moi acusado pode confundirse con hermafroditismo, aínda que non o sexa. Este é o caso duns caracois parasitos de equinodermos, entre os cales o macho parasito (moi pequeno) pódese achar no interior da femia.[2]

Denomínase seudohermafrodita a aqueles animais que posúen internamente os órganos reprodutivos dun sexo pero a súa aparencia externa é a do outro sexo.[1]

Tamén existen hermafroditas secuenciales, aqueles que cambian de sexo no transcurso da súa vida, como no caso dos peixes róubaos e da cabrilla.[5][7]

Hermafroditismo e humanos

Existen diferentes casos que son similares ao hermafroditismo na especie humana. Un dos casos máis famosos foi o de Herculine Barbin. O termo máis correcto para referirse a unha persoa con estas condicións é intersexual. A síndrome de Klinefelter produce individuos con intersexo.[8]

O termo médico hermafroditismo verdadeiro aplícase aos casos con gónadas de ambos os sexos en distintas proporcións, xa que nalgúns casos conteñen folículos ováricos e túbulos seminíferos na mesma gónada (ovotestis). no entanto, en humanos non hai ningún caso constatado medicamente de auténtico hermafroditismo (é dicir, coa capacidade de producir óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo).

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.