From Wikipedia, the free encyclopedia
Henri Léopold de Fiennes, nado en Sacramento (California) o 13 de marzo de 1898 e finado en Hollywood, nos Ánxeles, o 11 de febreiro de 1985, foi un director de cinema e produtor estadounidense, coñecido por Henry Hathaway.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1898 Sacramento, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de febreiro de 1985 (86 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Holy Cross |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, realizador, actor, produtor de cinema, produtor |
Período de actividade | 1925 - |
Familia | |
Pais | Rhody Hathaway e Jean Hathaway |
Premios | |
|
Naceu en California, fillo do actor estadounidense Rhody Hathaway (1868–1944), e a aristócrata belga de orixe húngara Marquise Lillie de Fiennes (1876–1938), que tamén actuaba co nome artístico de Jean Hathaway.
Comezou a traballar no cinema mudo en 1925 como axudante de directores como Victor Fleming e Josef von Sternberg e con eles pasou ao cinema sonoro. Debutou en 1932 co western Heritage of the Desert, baseado nunha novela de Zane Grey, no que Randolph Scott tivo o seu primeiro papel protagonista.
Durante a década de 1940 dirixiu filmes semidocumentais con estilo de cinema negro, como The House on 92nd Street (1945). Nos anos sesenta dirixiu a John Wayne en varios filmes destacados, como Valor de lei (1969), co que Wayne gañou o Oscar ao mellor actor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.