![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Raphidiophrys_contractilis.jpg/640px-Raphidiophrys_contractilis.jpg&w=640&q=50)
Heliozoos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os heliozoos ou Heliozoa (do grego helios, sol, e zoon, animal) son protistas ameboides fagótrofos [1], que formaban unha clase nas antigas clasificacións, pero que agora o seu nome se utiliza simplemente como un termo descritivo para protistas con determinado aspecto. Teñen forma aproximadamente esférica con numerosas proxecciones sostidas por microtúbulos chamadas axopodios que irradian cara a fóra desde a superficie da célula. Estes danlles o aspecto característico en forma de sol a partir do cal recibiron o seu nome. As funcións destes axopodios son variadas: captura do alimento, percepción de sensacións e movemento. Os heliozoos son similares a Radiolaria, pero distínguense destes por careceren de cápsulas centrais e doutros elementos esqueléticos complexos, aínda que algúns producen escamas e espiñas simples. Encóntranse en augas doces e mariñas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Raphidiophrys_contractilis.jpg/320px-Raphidiophrys_contractilis.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/Axopodium_Mikrotubuli.jpg/640px-Axopodium_Mikrotubuli.jpg)
Orixinalmente, os heliozoos agrupáronse nunha clase formal denominada Heliozoa ou Heliozoea, pero os distintos ordes que a formaban presentan diferenzas moi salientables e agora considérase que non están relacionados entre si. Actualmente, heliozoo tómase como un termo descritivo que se aplica a varios grupos de protistas, que son os seguintes [2]:
- Actinophryida (axodinos). Despois foron clasificados como Chromalveolata.
- Centrohelida. Hoxe xeralmente clasificados dentro de Hacrobia.
- Desmothoracida. Hoxe Rhizaria>Cercozoa.
- Dimorphida. Hoxe Rhizaria>Cercozoa.
- Gymnosphaerida. Hoxe Rhizaria>Cercozoa.
- Sticholonche. Hoxe Rhizaria>Radiozoa.
Varios nucleariida foron anteriormente considerados heliozoos, aínda que non teñen axopodios sostidos por microtúbulos.