![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3c/Helicobacter_sp_01.jpg/640px-Helicobacter_sp_01.jpg&w=640&q=50)
Helicobacter
xénero de bacterias / From Wikipedia, the free encyclopedia
Helicobacter é un xénero de bacterias gramnegativas que teñen unha forma helicoidal característica. Inicialmente foron consideradas membros do xénero Campylobacter, pero desde 1989 teñen o seu propio xénero. O xénero Helicobacter pertence á clase Epsilonproteobacteria e comprende actualmente máis de 30 especies.[1][2][3][4]
Helicobacter | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Micrografía electrónica de Helicobacter spp. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
H. acinonychis |
Algunhas das especies atopáronse vivindo no revestimento do tracto gastrointestinal superior, e no fígado de mamíferos e dalgunhas aves.[5] A especie máis coñecida do xénero é H. pylori, que infecta ata a un 50% da poboación humana.[4] Algunhas cepas desta bacteria son patóxenas para os humanos, xa que está moi asociada coa úlcera péptica, gastrite crónica, duodenite, e cancro de estómago. Tamén é a especie tipo do xénero.
As especies de Helicobacter poden prosperar no ambiente moi ácido do estómago de mamífero ao producir grandes cantidades do encima urease, que eleva localmente o pH desde ~2 a un valor máis biocompatible entre 6 e 7.[6] As bacterias deste xénero son xeralmente susceptibles aos antibióticos como a penicilina, son microaerófilos (a concentración de osíxeno óptima para elas está entre 5 e 14%) capnófilos (viven en altas concentracións de CO2), e móvense moi rapidamente cos seus flaxelos.[7][8]