rei dos hititas de -1650 a -1620 From Wikipedia, the free encyclopedia
Hattusilis I ou Labarnas II (Labarnaš II Hattusiliš I) foi rei dos hititas sobre o -1650 a -1620.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII a. C. Kussar |
Morte | 1620 a. C. Kussar |
Lugar de sepultura | Kussar |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Hayastar |
Fillos | Huzziyas (en) , Happi (en) , Labarnas (en) , Hastajaras (en) , Pimpira (en) |
Pai | Papahdilmah |
Irmáns | Q695778 e Labarnas I |
Suponse que era fillo de Papahdilmah (ou dun irmán deste, tamén desherdado) xa lle chaman "fillo dun irmán de Tawananna"; a herdanza transmitíase de pai a fillo e de máis vello a máis novo, pero, cando non había sucesión, esta seguía polo fillo home máis vello da irmá; neste caso é preciso supoñer que Tawananna, que era a herdeira principal polo seu pai, non tivo fillos, e, xa que logo, a herdanza pasou ao sobriño; Papahdilmah é o único irmán coñecido da raíña, pero case seguro de que había máis, e polo tanto o pai de Hattusilis non está determinado.
O seu nome quería dicir "O home de Hattusa". O seu título foi Gran rei, rei de Hatti, señor de Kushara, e Sol meu. Labarnas foi o seu nome de reinado e o título. A súa muller foi Kaddusis (Kaddušeš). coñécenselle algúns fillos: Huzziyas, gobernador de Tappasanda (Tappaššanda), que foi deposto por rebelarse contra o pai; Labarnas ou Labarnaš (fillo dunha irmá pero adoptado por Hattusilis); a filla Hastayar, que foi a nai de Mursilis I; e outra filla de nome descoñecido.
É posíbel que fose este rei o que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro (na rexión da clásica Amisos, na desembocadura do moderno Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar), e saqueouna e destruíuna. Adaniya (Cilicia) xa tiña que ser posesión hitita, pois o rei fixo campaña o primeiro ano a Siria.
Os seus anais dan detalle das súas campañas militares:
Ammurapi II, rei de Iamkhad (Alepo), fillo de Yarim-Lim III, enviou aos seus xenerais Zukraše e Zaludi con forzas para axudaren á defensa da cidade, pero serían derrotadas por Hattusilis nas montañas Adalur (clásico Amanus) e cruzou o Éufrates (foi o primeiro rei hitita que o fixo) e destruíu Hasu, e volveu a Hattusa co botín, ofrecéndoo ao templo do deus das tormentas. Despois marchou contra Tawanaga e capturou ao seu rei e decapitouno; a seguir destruíu Zippasna e ofreceu o botín á deusa de Arinna, e despois foi contra Hahhu ou Hakhkhu, que conquistou despois de tres combates aos arredores da cidade (outra vez o botín foi para a deusa de Arinna).
A crónica detense neste ano. Non se sabe cando foi sometido o reino de Arzawa (Anatolia occidental) feito testemuñado historicamente. Tamén foi sometida Wilusa ou Wiluša (Tróade). Arzawa era un reino formado polo menos por cinco reinos (Arzawa, Mira, Hapalla, Río Seha, e Wilusa) ás veces confederados e outras non. Wilusa (Wiluša) foi a homérica Ilios ou Ilión, probabelmente a rexión da Tróade, pero sen incluír Troia, que debía de ser un estado separado (Troia en hitita = Taruisa ou Taruiša). A capital de Arzawa era Apasas (Apaša) probabelmente Éfeso, e o reino era de poboación luvita. Arzawa non tardou en recuperar a independencia, pero Wilusa permaneceu como aliada dos hititas como se testemuña polos agasallos enviados periodicamente desde Wilusa ao rei hitita.
Hattusilis levou un novo ataque contra Alepo, onde resultou ferido. O reino de Alepo (Iamkhad) incluía o reino vasalo de Alalakh (que controlaba o paso entre Asia Menor e Siria). O rei foi derrotado e algúns territorios ocupados pero a capital non foi conquistada. Iamkhad quedou reducida porén a un reino secundario.
O rei volveu ferido á súa capital. O seu fillo Huzziyas fora desherdado por rebelión contra o pai (as grandes casas de Tappasansa pedían exencións fiscais e arrastrárono á revolta, que foi sufocada por Hattusilis) e o seu sobriño Labarnaš, adoptado como fillo sucesor, non mostrou suficiente interese pola súa saúde e o rei di "que só escoita as palabras dos seus irmáns, irmás e da súa nai, unha serpe", e decidiu desherdalo: enviouno a un templo e nomeouno sacerdote. O rei nomeou sucesor ao seu neto Mursilis, fillo de Hastayar, unha filla do rei, a pesar de que aínda era nova, e foi este quen o sucedeu.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Labarnas I |
Hattusilis I | Precede a: Mursilis I |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.