Zalpa ou Zabar, foi unha cidade hitita, probabelmente a capital do reino denominado Zalpuwa, na ribeira do mar (o mar Negro na rexión da clásica Amisos na desembocadura do moderno río Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar). É posíbel que fora Hattusilis I o rei que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro. Saqueouna e destruíuna. Unha teoría supón que un "gran rei" de nome Huzziyas, foi rei de Zalpa e exerceu unha certa hexemonía antes de Labarnas I (antes do -1700) pero acabou sometida por Hattusilis I uns anos máis tarde.

Thumb
Localización de Zalpa nun mMapa de Próximo Oriente cara ao 1600 a.C.

A cidade e o territorio de Zalpuwa serían conquistados polos kaska sobre o -1390, en tempo de Arnuwandas I.

Segundo Matthews & Glatz[1] poderíase corresponder coa actual Ikiztepe[2] ou con Oymaağaç na actual provincia turca de Samsun.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.