Harry Potter e o misterio do príncipe (filme)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Potter e o misterio do príncipe (en inglés: Harry Potter and the Half-Blood Prince) é un filme de fantasía e drama[4] dirixido por David Yates e baseado na novela homónima escrita por J. K. Rowling. É o sexto filme da serie de filmes de Harry Potter. Foi escrito por Steve Kloves e producido por David Heyman e David Barron.[5] A historia céntrase no sexto ano de Harry Potter na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que se obsesiona cun misterioso libro de texto, se namora e intenta conseguir un recordo que ten a clave para derrotar a Lord Voldemort. A película está protagonizada por Daniel Radcliffe como Harry Potter, con Rupert Grint e Emma Watson como os mellores amigos de Harry, Ron Weasley e Hermione Granger. O resto do elenco inclúe a Michael Gambon, Jim Broadbent, Alan Rickman, Tom Felton e Helena Bonham Carter.
Harry Potter e o misterio do príncipe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Harry Potter and the Half-Blood Prince |
Director | David Yates |
Produtor | David Heyman David Barron |
Guión | Steve Kloves |
Baseado en | Harry Potter e o misterio do príncipe de J. K. Rowling |
Intérpretes | Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Michael Gambon Jim Broadbent Alan Rickman Helena Bonham Carter Tom Felton |
Música | Nicholas Hooper John Williams |
Fotografía | Bruno Delbonnel |
Montaxe | Mark Day |
Estudio | Heyday Films |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 15 de xullo de 2009[1]![]() |
Duración | 153 minutos[2] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Fantasía Drama |
Orzamento | $250 000 000[3] |
Recadación | $934 400 000 |
Filme anterior | Harry Potter e a Orde do Fénix |
Filme seguinte | Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) |
Na rede | |
http://harrypotter.warnerbros.com/harrypotterandthehalf-bloodprince/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O filme tivo a súa estrea no Reino Unido e os Estados Unidos o 15 de xullo de 2009. A recadación nas salas internacionais ascende a 933,9 millóns de dólares estadounidenses.[6] Recibiu unha candidatura aos Premios Oscar pola Oscar á mellor fotografía,[7] que finalmente gañou Avatar, e outra aos premios BAFTA aos mellores efectos especiais e ao mellor deseño de produción, ambos tamén gañados por Avatar.[8] O misterio do príncipe é un dos filmes da saga mellor valorados pola crítica.
Estreouse na TVG, en galego, o 25 de decembro do 2013.