Haplogrupo do ADN mitocondrial humano
From Wikipedia, the free encyclopedia
En xenética humana, un haplogrupo do ADN mitocondrial humano é un haplogrupo definido por diferenzas no ADN mitocondrial humano. Os haplogrupos utilízanse para representar os principais puntos de ramificación da árbore filoxenética mitocondrial. O ADN mitocondrial hérdase esencialmente da nai. Comprender o camiño evolutivo da liñaxe feminina axudou aos xenetistas de poboacións a trazar a herdanza matrilineal dos humanos modernos ata os súas orixes en África e o seu subseguinte espallamento por todo o mundo.
Os nomes de letras dos haplogrupos (non só dos haplogrupos de ADN mitocondrial) van do A ao Z. Os haplogrupos foron nomeados por orde de descubrimento; a ordenación alfabética non ten, pois, ningún significado en canto ás verdadeiras relacións xenéticas.
A muller hipotética situada na raíz de todos estes grupos (significando só haplogrupos de ADN mitocondrial) é o antepasado común máis recente matrilineal de todos os humanos actualmente vivos. A esa muller dáselle xeralmente o nome de Eva mitocondrial.
A velocidade ou taxa á cal muta o ADN mitocondrial coñécese como reloxo molecular mitocondrial. É unha área na que hai varias investigacións en marcha e un dos estudos informa dunha taxa dunha mutación por cada 8000 anos.[2]