From Wikipedia, the free encyclopedia
Hans Speidel, nado o 28 de outubro de 1897 en Metzingen e finado o 28 de novembro de 1984 en Bad Honnef, foi un xeneral alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1897 Metzingen, Alemaña |
Morte | 28 de novembro de 1984 (87 anos) Bad Honnef, Alemaña |
Lugar de sepultura | Pragfriedhof |
Residencia | Freudenstadt (pt) |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | History of war (en) |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | profesor universitario (1949–), studies (en) (1923–), militar (1914–1944), membro da resistencia, career soldier (en) |
Período de actividade | 1914 - |
Empregador | Universidade de Tubinga |
Carreira militar | |
Lealdade | Alemaña nazi, Reino de Württemberg, Alemaña do Oeste e República de Weimar |
Rama militar | Exército Imperial Alemán |
Rango militar | tenente xeneral (1944–) Coronel (1941–) Comandante (1936–) capitán (1932–1935) Oberleutnant (pt) (1925–1932) Tenente (1915–1925) Fahnenjunker (en) (1914–) major-general (pt) Xeneral |
Conflito | Primeira guerra mundial segunda guerra mundial |
Participou en | |
20 de agosto de 1947 | Hostages Trial (en) |
Familia | |
Fillos | Hans Helmut Speidel |
Pai | Emil Speidel |
Irmáns | Wilhelm Speidel |
Cronoloxía | |
7 de setembro de 1944-29 de abril de 1945 | Arresto |
20 de xullo de 1944 | Atentado do 20 de xullo de 1944 |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
H. Speidel foi xefe de Estado Maior do mariscal de campo Erwin Rommel na Alemaña nazi e xogou un papel protagonista na creación da Bundeswehr na Alemaña Occidental, despois da segunda guerra mundial. En 1957, acadou o máximo posto de Comandante Supremo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en Europa central. Xubilouse en setembro de 1963 e morreu aos 87 anos.[1]
O xeneral Hans Speidel foi detido pola Gestapo por suposta asociación co intento de asasinato de Adolf Hitler o 20 de xullo de 1944 na Operación Valquiria.
Speidel foi un firme partidario da estratexia de expansión territorial de Alemaña, pero estaba interesado en criticar o seu compoñente racial, calificándoo publicamente de "vergoñento e insalubre". Esta posición súa acabaría por atraer a atención dos conspiradores, que o recrutaron en 1941, dándolle a misión de atraer a Erwin Rommel á causa.
Despois da súa detención, foi xulgado e interrogado pola Gestapo. Como non foi expulsado da Wehrmacht, escapou de ser xulgado nun xulgado popular, algo que derivaría na súa condena á pena de morte. Conseguiu escapar en abril de 1945 ante a aproximación das forzas aliadas. Entregouse ás forzas francesas en maio de 1945.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.