rei de Babilonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Hammurabi (nome acadio procedente do amorrita ˤAmmurāpi, "o pai é un curador", de ˤAmmu, "parente paterno" e Rāpi, "sandador, curador"; ca. 1810 a.C.-1750 a.C.) tamén ás veces transliterado como Ammurapi, Hammurapi, ou Khammurabi) foi o sexto rei de Babilonia. Crese que Hammurabi rematou a conquista de Sumeria e Acad, e terminou co gobernante amorrita de Isin. Foi o primeiro monarca do Imperio babilonio, outorgándolle a Babilonia a hexemonía sobre Mesopotamia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1810 a. C. Imperio Babilónico |
Morte | c. 1750 a. C. (59/60 anos) Imperio Babilónico |
6º Rei de Babilonia | |
1792 a. C. – 1750 a. C. ← Sim-Mubalite (pt) – Samsiluna (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Relixión babilónica |
Actividade | |
Ocupación | rei, monarca, líder |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Rei |
Familia | Imperio Paleobabilónico |
Fillos | Samsiluna |
Pai | Sim-Mubalite |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Hammurabi sucedeu a seu pai Sin-Muballit, nunha monarquía bicéfala -o outro monarca era Rim-Sin -, herdando un modesto reino que se estendía polas beiras do río Éufrates. Unha vez que ascendeu ao trono emprendeu campañas destinadas a eliminar a Rim-Sin, tomándolle as cidades de Uruk e Isin. Seguiu un período relativamente pacífico, logo de asinar un acordo con Rim-Sin. No trixésimo ano de goberno, Hammurabi esmagou un exército invasor, formado por elamitas e outras forzas aliadas do antigo rival Rim-Sin, nunha batalla decisiva, expulsándoos de Babilonia. Os dous anos seguintes estivo ocupado en anexionar Larsa, Mari e Yamutbal aos seus dominios, e moldeando Babilonia como unha monarquía única centrada na cidade homónima. Un grande renacemento literario seguiu á obtención da independencia de Babilonia, sendo o seu goberno obedecido tan distantemente como ata as praias mediterráneas. Foron descubertas un elevado número de contratos en tabelas de arxila, datadas no reinado de Hammurabi e os seus sucesores, así como as súas cartas autógrafas. Entre elas hai unha ordenando o despacho de 240 soldados desde Asiria e Situllum, evidencia de que Asiria era dependente de Babilonia na época.
Hammurabi expandiu o dominio de Babilonia primeiro conquistando cidades cara ao sur, antes de que a conquista se estendese ata cubrir a maior parte de Mesopotamia. As súas conquistas foron tardías nesta zona, e quizais ocasionadas pola caída do imperio de Shamshi-Adad I. Cóidase que Hammurabi está relacionado co aumento e mellora da irrigación en Babilonia. Converteu ademais a capital nun verdadeiro centro do mundo antigo.
Cos sucesores de Hammurabi, á parte de sufrir o efecto de crises económicas que o debilitarían, o Imperio babilónico sería derrubado debido á presión militar dos hititas, dirixidos polo seu rei Mursilis I. Porén foron os casitas, conducidos polo seu rei Agumkakrine, quen gobernarían Babilonia. Aínda que houbo cidades que se mostraron rebeldes, os casitas gobernaron durante 400 anos e respectaron o Código de Hammurabi.
Logo das guerras, veñen os tempos de unificación. Sabe que para manter o imperio soldado, é precisa unha cultura común, así que fai adoptar unha soa lingua, o acadio, unha soa relixión e, sobre todo, unha única lei: o Código de Hammurabi.
A fama de Hammurabi alicerza en boa medida no seu Código. As leis foran gravadas en estelas de pedra, que eran colocadas en prazas públicas para que puidesen ser lidas. Fronte á antiga lei consuetudinaria, suxeita ao arbitrio da memoria, a lei quedaba fixada "eternamente". Cumpríase por outra banda un dos principios modernos legais: a publicidade da lei. Aínda a lei tiña un carácter sagrado, pois Hammurabi mesmo era non só rei, senón tamén un deus, independentemente de que o seu deus celeste persoal fose Marduk, aínda que o Código foi decretado so a protección do deus Shamash. Aínda que as penas son crueis, a fin seguramente de salvagardar a orde estabelecida, pretendíase fixar un principio de proporción consonte o delito.
A estela de Hammurabi máis famosa é a do Louvre. Colocada inicialmente no templo do deus Shamash na cidade de Sippar, foi levada á Susa como botín de guerra polos elamitas no século XII aC, sendo atopada por arqueólogos franceses en 1901. Tallada en basalto e logo puída, cunha altura de 2,25 metros, na súa parte superior amósase a Hammurabi de pé ante o deus Shamash (sentado nun trono cos emblemas divinos); o resto da estela atópase cuberto de texto cuneiforme de forma moi artística e disposto ao modo arcaizante en columnas verticais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.