Hainan
provincia da República Popular da China / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam. É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago. Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Capital | Haikou | ||||
Contén a división administrativa | Baisha Li Autonomous County (en) Baoting Li and Miao Autonomous County (en) Changjiang Li Autonomous County (en) Chengmai County (en) Danzhou (pt) Ding'an County (en) Dongfang (pt) Haikou Ledong Li Autonomous County (en) Lingao County (en) Lingshui (pt) Qionghai (pt) Qiongzhong Li and Miao Autonomous County (en) Sansha (pt) Tunchang County (en) Wanning (pt) Wenchang (pt) Wuzhishan (pt) Zhongsha Islands (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.081.232 (2020) (297,21 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua cantonesa Lingua hlai Cun (en) Língua yue (pt) Lingua be Lingua jiamao Tibetano Amdo (pt) lingua min nam Lingua hakka Tsat (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 33.920 km² | ||||
Medición | 170 () × 156 () km | ||||
Bañado por | Mar da China Meridional | ||||
Altitude | 1.840 m | ||||
Punto máis alto | Wuzhi (pt) (1.840 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Şen Şiaoming (2017–2020) Feng Fei (en) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Hainan Provincial People's Congress (en) , | ||||
PIB nominal | 553.240.000.000 ¥ (2020) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CN-HI e CN-46 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Provincia Phuket Prefectura de Hyōgo (1990–) Illa do Príncipe Eduardo (2001–) Newcastle upon Tyne (2008–) | ||||
Páxina web | hi.gov.cn | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.
Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.