From Wikipedia, the free encyclopedia
O HGNC ou HUGO Gene Nomenclature Committee (Comité de Nomenclatura de Xenes de HUGO) é un comité pertencente á Human Genome Organisation ou HUGO (Organización do Xenoma Humano), que ten a misión de aprobar un nome único e con sentido para cada un dos xenes humanos coñecidos[1] baseándose nas consultas de expertos. Ademais dun nome longo, a HGNC asigna tamén a cada xene unha abreviatura, denominada símbolo. Os xenes humanos nomeados inclúen esencialmente os xenes codificantes de proteínas, xenes de ARN e pseudoxenes.[2][3][4]
A miúdo as abreviaturas/símbolos de xenes e ás veces mesmo os nomes completos de xenes non son específicos para un único xene. Un exemplo claro disto é o símbolo CAP, que pode referirse a 6 xenes diferentes (BRD4, CAP1, LNPEP, PTPLA, SERPINB6, e SORBS1).
Os nomes curtos de xenes do HGNC, ou símbolos de xenes, a diferenza dos símbolos publicados e usados anteriormente, están asignados especificamente a un único xene. Isto pode dar lugar a ter que usar abreviaturas ou símbolos menos comúns para algúns xenes para evitar repeticións, pero reduce a confusión sobre a que xene nos estamos referindo.
O HGNC resume a súa estratexia para nomear os xenes e asignarlle símbolos (abreviaturas) da seguinte maneira:
A descrición completa das directrices da nomenclatura do HGNC poden atoparse na súa páxina web Arquivado 13 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. O HGNC dedica os apéndices _v1, _v2,.. a distinguir entre diferentes variantes de splicing e os _pr1, _pr2,.. ás variantes de promotores dun só xene.
O HGNC declara tamén que "a nomenclatura dos xenes debería evolucionar coas novas tecnoloxías en vez de ser restritiva como ás veces ocorre cando se aplican sistemas de nomenclatura de xenes únicos históricas."[5]
As directrices completas para o nomeamento de xenes humanos foron publicadas por última vez en 2002,[6] pero o HGNC sacou posteriormente guías para tipos de locus específicos como os loci retrovirais endóxenos,[7] variantes estruturais [8] e ARNs non codificantes.[9][10]
Cando se asigna unha nova nomenclatura de xenes o HGNC fai esforzos para contactar cos autores que publicaron sobre o xene humano en cuestión por correo electrónico, e solicítanse as súas respostas sobre a nomenclatura proposta. O HGNC tamén se coordina cos Comités de Nomenclatura Xenómica da Rata e o Rato relacionados, con outros conservadores de bases de datos, e expertos en familias de xenes específicas ou conxuntos de xenes.
O procedemento de revisión do nome do xene é similar ao procedemento de nomeamento, pero cambiar o nome dun xene xa estandarizado despois de que se chegara a un consenso pode crear confusión, e a vantaxe de facelo é, por tanto, controvertida. Por esta razón o HGNC aspira a que os cambios no nome dun xene se fagan só se hai un amplo acordo para realizar este cambio entre a maioría dos investigadores que traballan con ese xene.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.