músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Guy Picciotto é un músico estadounidense de Washington, D.C. É coñecido por pertencer á banda de rock Fugazi coma vocalista e guitarrista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1965 (59 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Georgetown Georgetown Day School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantante, guitarrista, produtor musical, produtor de cinema |
Período de actividade | 1984 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Dischord Records |
Familia | |
Cónxuxe | Kathy Wilcox |
Páxina web | dischord.com… |
|
A pesar de non estar na formación orixinal de Fugazi, el uniuse á banda nos seus inicios e aparece en todas as súas gravacións de estudio. Picciotto foi tamén o líder da importante banda Rites of Spring de 1984 a 1986.
En maio do ano 2012, xunto co seu compañeiro en Fugazi Ian MacKaye, a revista Spin situouno no número 86 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
A carreira musical de Picciotto comezou en 1985 coa banda Rites of Spring. Como parte da escena post-hardcore de Washington, D.C., Rites of Spring incrementou a frenética violencia e a paixón visceral do hardcore punk á vez que experimentou coas súas regras compositivas. Picciotto, como letrista da banda, ademais de ser o seu vocalista e guitarrista, tamén trasladou o hardcore cara ámbitos máis persoais, sendo acreditado por iso como un dos creadores do emo.
Nos seus primeiros anos Picciotto tamén participou nos grupos One Last Wish (1986), Happy Go Licky (1987-1988), Brief Weeds (con EPs editados sobre 1991-1992) e The Black Light Panthers (un proxecto esporádico creado en 1982), estando nas dúas últimas con Brendan Canty. Tamén creou un selo discográfico chamado Peterbilt Records, que publicou vinilos en edicións limitadas de álbum de bandas como Rain, Happy Go Licky e Deadline.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.